Turismo

Turismo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN TURÍSTICA

Turismo

Páxinas etiquetadas con ria de arousa times .

O Concello de Rianxo organiza a ruta de sendeirismo "As Trece Cruces", dentro do programa Goza do Ulla 2022, o sábado 8 de outubro. O trazado previsto é unha ruta circular que percorre varios lugares destacados da contorna da desembocadura do río Ulla. Destaca a punta Patiño ou de Trece Cruces, onde se atopa un Vía Crucis marítimo-fluvial con fantásticas vistas e espazo de interese para a...

O Concello de Rianxo organiza a Travesía mariñeira do Feirón o xoves 15 de setembro, que clausura o programa de travesías en veleiro do verán de 2022. Esta travesía marítima sairá dende o Club Náutico de Rianxo e terá unha duración aproximada de unha hora e media, coincidindo co Feirón Mariñeiro do xoves das Festas da Guadalupe. A embarcación escollida é a Goleta Evangelina, con 110 anos de...

As 20 travesías marítimas sairán dende o Club Náutico de Rianxo e terán unha duración aproximada de unha hora e media, incluíndo dúas opcións, unha travesía mariñeira polas mañás e unha saída ao atardecer para gozar das paisaxes e o solpor na ría de Arousa. Os meses de xullo e agosto inclúen a meirande parte das saídas programadas, mentres que o xoves 15 de setembro, pecharase o programa de...