Turismo

Turismo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN TURÍSTICA

Turismo

Páxinas etiquetadas con rianxo times .

A Casa Museo de Manuel Antonio organiza un obradoiro de marcapáxinas, en colaboración coa Aula Activa do Mar, para a mañá do sábado 1 de outubro na planta baixa do museo situado na rúa de Abaixo. A actividade está destinada a nenas e nenos de 5 a 12 anos, cunha duración aproximada de 45 minutos, á que se poderá acceder ao longo da mañá, entre as 10:30 e as 13:00 horas. É recomendable reservar...

O Concello de Rianxo organiza a ruta de sendeirismo "As Trece Cruces", dentro do programa Goza do Ulla 2022, o sábado 8 de outubro. O trazado previsto é unha ruta circular que percorre varios lugares destacados da contorna da desembocadura do río Ulla. Destaca a punta Patiño ou de Trece Cruces, onde se atopa un Vía Crucis marítimo-fluvial con fantásticas vistas e espazo de interese para a...

O Concello de Rianxo organiza a Travesía mariñeira do Feirón o xoves 15 de setembro, que clausura o programa de travesías en veleiro do verán de 2022. Esta travesía marítima sairá dende o Club Náutico de Rianxo e terá unha duración aproximada de unha hora e media, coincidindo co Feirón Mariñeiro do xoves das Festas da Guadalupe. A embarcación escollida é a Goleta Evangelina, con 110 anos de...

O Concello de Rianxo, xunto coa Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego (APATRIGAL), organiza unha visita guiada gratuíta a varios dos hórreos máis singulares do municipio da man do experto Carlos Coto. - Data e lugar de encontro: sábado, 3 de setembro – 11:00 – Praza de Castelao - Duración aproximada: 3 horas - Prazo límite de inscrición: ata o venres 2 de setembro ás...

​​​​​​​ O Concello de Rianxo organiza un programa de roteiros guiados para dar a coñecer diferentes lugares de interese rianxeiros durante a tempada de verán. O lugar e hora de inicio de cada ruta serán os indicados a continuación. 10 de agosto – O CASTELO DA LÚA 10:30 – Peirao de Setefogas (Coordenadas: 42.653852, -8.818550) Percorrido polo Paseo marítimo de Rianxo dende o Peirao de...

O domingo 17 de xullo terá lugar a XXXVI Conmemoración da Traslatio, organizada pola Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla. O Concello de Rianxo oferta de xeito gratuíto e con inscrición previa unha travesía en catamarán con saída dende o porto de Rianxo. A inscrición e recollida de billetes para o catamarán pode realizarse nos puntos de información turística de Rianxo ata completar a...

— Resultados por páxina
Mostrando 6 resultados.