Xuventude

Aberto o prazo para solicitar praza nos campamentos de verán e nos campos de voluntariado da Xunta de Galicia. - Acción de verán 2023 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro sociocultural - Auditorio de Rianxo
Rúa dos autores da Rianxeira
Rianxo

981 100 688 / 664 181 401

Whatsapp e Telegram: 664 181 401

xuventude@concelloderianxo.gal

 

Horario de atención ao público:

Luns a venres: 08.00 a 15.00​​​​​​​ h

Ligazóns de interese

xuventude.xunta.es
Portal de Información Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

injuve.es
Páxina do Instituto da Xuventude, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

querote.org
Páxina do Centro de Asesoramento afectivo-sexual para a mocidade Querote.

Xuventude

Acción de verán 2023

Aberto o prazo para solicitar praza nos campamentos de verán e nos campos de voluntariado da Xunta de Galicia.

A Xunta de Galicia convocou o programa Acción de Verán 2023, con campamentos e campos de voluntariado para este verán.

As solicitudes tanto dos Campamentos (9-17 anos) como dos Campos de Voluntariado en Galicia (18-30 anos) poderán presentarse a partir do martes 18 de abril. Para os campos de voluntariado noutras comunidades autónomas o prazo comezará o 2 de maio.

A adxudicación de prazas nos Campamentos será por sorteo e nos Campos de Voluntariado por orden de entrada a través dun formulario na web de Xuventude da Xunta de Galicia.

Consulta a información e prazas dispoñibles.