Xuventude

A Xunta de Galicia convoca axudas de formación en linguas estranxeiras para alumnado de bachillerato. O prazo de solicitude será dende o 13 de febreiro ata o 12 de marzo. - Axudas de formación en linguas estranxeiras para alumnado de bachillerato - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro sociocultural - Auditorio de Rianxo
Rúa dos autores da Rianxeira
Rianxo

981 100 688 / 664 181 401

Whatsapp e Telegram: 664 181 401

xuventude@concelloderianxo.gal

 

Horario de atención ao público:

Luns a venres: 08.00 a 15.00​​​​​​​ h

Ligazóns de interese

xuventude.xunta.es
Portal de Información Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

injuve.es
Páxina do Instituto da Xuventude, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

querote.org
Páxina do Centro de Asesoramento afectivo-sexual para a mocidade Querote.

Xuventude

Axudas de formación en linguas estranxeiras para alumnado de bachillerato

A Xunta de Galicia convoca axudas de formación en linguas estranxeiras para alumnado de bachillerato. O prazo de solicitude será dende o 13 de febreiro ata o 12 de marzo.

A Xunta de Galicia convoca axudas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).

A axuda recolle os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos, os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade, os gastos de docencia e o material escolar, as actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos, os gastos de mantenza e aloxamento, o certificado de realización da actividade e o seguro de accidentes e de responsabilidade civil. Podes consultar as prazas, destino e rexime de aloxamento no Anexo IV .

Poderá solicitar a participación nas actividades convocadas e ser beneficiario destas axudas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

a) Estar cursando, no réxime xeral, 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2023/24, na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2022/23.

c) Ter acadado no curso 2022/23, na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía, unha cualificación mínima de 6 no 4º curso de ensinanza secundaria obrigatoria para as prazas convocadas para o 1º curso de bacharelato e de 6 no 1º curso de bacharelato para as prazas convocadas para o 2º curso de bacharelato.

d) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.

e) Non estar incurso, nin o/a solicitante nin as persoas representantes/membros da unidade familiar, nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

f) Estar en posesión do documento nacional de identidade (en diante, DNI), número de identidade de estranxeiro (en diante, NIE) ou pasaporte.

O prazo de solicitude será dende o 13 de febreiro ata o 12 de marzo.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O procedemento de solicitude iniciarase a través da aplicación «en liña» dispoñible desde a páxina web https://www.edu.xunta.gal/axudasle/, cubrindo o formulario electrónico que corresponda. Unha vez cuberto este formulario, gravarán os datos na aplicación «en liña», o que permitirá elixir entre a presentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente a través dun lugar ou rexistro dos establecidos na norma reguladora do procedemento administrativo común, xerando os documentos en formato PDF, correspondentes aos anexos I e II, os mesmos que os obtidos a través da sede electrónica, que a persoa interesada deberá imprimir e asinar.

Máis información:

ORDE do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).

Páxina de solicitude: Axudasle