Xuventude

Estas axudas están destinadas a mocidade inscrita no programa de Garantía Xuvenil. - Axudas para a obtención dos permisos de conducir - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro sociocultural - Auditorio de Rianxo
Rúa dos autores da Rianxeira
Rianxo

981 100 688 / 664 181 401

Whatsapp e Telegram: 664 181 401

xuventude@concelloderianxo.gal

 

Horario de atención ao público:

Luns a venres: 08.00 a 15.00​​​​​​​ h

Ligazóns de interese

xuventude.xunta.es
Portal de Información Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

injuve.es
Páxina do Instituto da Xuventude, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

querote.org
Páxina do Centro de Asesoramento afectivo-sexual para a mocidade Querote.

Xuventude

Axudas para a obtención dos permisos de conducir

Estas axudas están destinadas a mocidade inscrita no programa de Garantía Xuvenil.

A Xunta de Galicia convoca axudas para a obtención do carne de conducir, dirixidas á poboación xuvenil.

Importe das axudas: 400 € para o carné B, 650 e para o Carné C e 1.300 € para o carné D.

Requisitos (estes débense cumprir no día de presentación da solicitude):

  • Ter cumpridos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D
  • Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
  • Estar inscritas no SNGX e figurar como beneficiaria no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Ter o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de decembro de 2021 e a data de presentación da solicitude.

Prazo e forma de presentación: As solicitudes poden presentarse ata o 28 de outubro de 2022, obrigatoriamente por medios electrónicos (Chave 365 ou DNI electrónico ou calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Documentación que debe presentarse coa solicitude:

  • Autorización temporal para conducir no caso de ter aprobado o/s carné/s pero que o documento aínda non fose expedido.
  • Certificado/s de empadroamento histórico no caso de que a última variación padroal sexa inferior a 1 ano.
  • Anexo II (certificado da autoescola ou centro de formación que reflicta a data da matriculación).
  • Anexo III (cuestionarios relativos os indicadores de produtividade e de resultado inmediato).

Máis información no DOG do 28 de setembro de  2022.

Folleto informativo