Xuventude

Estas axudas están destinadas a mocidade galega que obtivesen o permiso de conducir dende o 1 de xaneiro de 2023. - Axudas para a obtención dos permisos de conducir - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro sociocultural - Auditorio de Rianxo
Rúa dos autores da Rianxeira
Rianxo

981 100 688 / 664 181 401

Whatsapp e Telegram: 664 181 401

xuventude@concelloderianxo.gal

 

Horario de atención ao público:

Luns a venres: 08.00 a 15.00​​​​​​​ h

Ligazóns de interese

xuventude.xunta.es
Portal de Información Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

injuve.es
Páxina do Instituto da Xuventude, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

querote.org
Páxina do Centro de Asesoramento afectivo-sexual para a mocidade Querote.

Xuventude

Axudas para a obtención dos permisos de conducir

Estas axudas están destinadas a mocidade galega que obtivesen o permiso de conducir dende o 1 de xaneiro de 2023.

A Xunta de Galicia convoca axudas para a obtención do carne de conducir, dirixidas á mocidade de 18 a 30 anos, ambos inclusive.

Importe das axudas: 400 € para o carné B, 650 e para o Carné C e 1.300 € para o carné D.

Requisitos (estes débense cumprir no día de presentación da solicitude):  

  • Ter feitos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D, e non ter feitos os 31.

  • Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.

  • Non estar traballando por conta propia nin allea.

  • Ter aprobado o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2023 e a data de presentación da solicitude.

Prazo e forma de presentación: As solicitudes poden presentarse dende o 24 de xaneiro ata o 30 de setembro de 2024, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito orzamentario dispoñible. Presentación obrigatoriamente por medios electrónicos (Chave 365 ou DNI electrónico ou calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Documentación que debe presentarse coa solicitude:

  • Autorización temporal para conducir expedida pola Dirección Xeral de Tráfico, no caso de que a persoa solicitante teña aprobado o/s carné/s obxecto da solicitude pero o documento aínda non fose expedido. Esta xustificación debe conter a data de obtención do permiso, que debe estar no intervalo recollido no artigo 5.d).

  • Certificado de empadroamento histórico que acredite a antigüidade mínima exixida no artigo 5, no caso de que a última variación padroal sexa inferior a 1 ano.

 

Bases completas no Dog 16 do 23/01/2024: Consultar aquí.

Sede electrónica da Xunta de Galicia - Convocatoria BS321A