Xuventude

O prazo de solicitude remata o vindeiro 13 de setembro. - Axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases B e C á mocidade galega - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro sociocultural - Auditorio de Rianxo
Rúa dos autores da Rianxeira
Rianxo

981 100 688 / 664 181 401

Whatsapp e Telegram: 664 181 401

xuventude@concelloderianxo.gal

 

Horario de atención ao público:

Luns a venres: 08.00 a 15.00​​​​​​​ h

Ligazóns de interese

xuventude.xunta.es
Portal de Información Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

injuve.es
Páxina do Instituto da Xuventude, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

querote.org
Páxina do Centro de Asesoramento afectivo-sexual para a mocidade Querote.

Xuventude

Axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases B e C á mocidade galega

O prazo de solicitude remata o vindeiro 13 de setembro.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Solidariedade convoca axudas para facilitar a obtención do permiso de condución B e C á mocidade galega.

Poderán solicitar as axudas as persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da solicitude:

a) Ter feitos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención do permiso de clase C e que non superen a idade máxima que estableza a normativa vixente do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

b) Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima de un ano.

c) Estar inscritas no SNGX e figurar como beneficiarias na data da solicitude da axuda no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Pódense inscribir no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no enlace seguinte:

Enlace inscrición Garantía Xuvenil.

d) Estar matriculadas nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentar a solicitude ou ben ter o/s permiso/s para o/s cales se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2021 e a data de presentación da solicitude. 

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado BS321A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia:

Enlace solicitude na Sede electrónica na Xunta de Galicia.​​​​

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O prazo de presentación de solicitudes será de un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, sendo o prazo ata o 13 agosto 2021.

Máis información na convocatoria publicada no DOG.

Convocatoria no DOG do 13/08/2021