Xuventude

- Axudas para o inicio de estudos universitarios en Galicia - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro sociocultural - Auditorio de Rianxo
Rúa dos autores da Rianxeira
Rianxo

981 100 688 / 664 181 401

Whatsapp e Telegram: 664 181 401

xuventude@concelloderianxo.gal

 

Horario de atención ao público:

Luns a venres: 08.00 a 15.00​​​​​​​ h

Ligazóns de interese

xuventude.xunta.es
Portal de Información Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

injuve.es
Páxina do Instituto da Xuventude, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

querote.org
Páxina do Centro de Asesoramento afectivo-sexual para a mocidade Querote.

Xuventude

Axudas para o inicio de estudos universitarios en Galicia

 

A Consellería de Educación convoca axudas destinadas a financiar os gastos da matrícula universitaria dos alumnado que inicie estudos universitarios no curso 2014/15 no Sistema universitario de Galicia conducentes á obtención dun título oficial de grao.

A dotación asignada a cada beneficiario/a será a do importe total da matrícula, incluídas as taxas de apertura de expediente e a expedición e mantemento de tarxeta de identidade, que será dun máximo de 862,90 euros para as titulacións encadradas dentro da rama de Ciencias, Ciencias da Saúde e Enxeñaría e Arquitectura e dun máximo de 618,10 euros para as titulacións encadradas dentro da rama de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas

Os requisitos académicos son:

  • Acreditar unha cualificación nas probas de acceso á universidade (PAU) ou noutras ensinanzas que lle permita o acceso cunha nota media igual ou superior a 5 puntos e inferior a 5,5 puntos, excluíndo a fase específica.
  • Estar matriculado por primeira vez en primeiro curso nunha universidade do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2014/15 dun mínimo de 60 créditos en ensinanzas conducentes á obtención dun título oficial de grao.
  • Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior ao correspondente aos estudos para os cales solicita a axuda.