Xuventude

O Servizo de Xuventude vai desenvolver o Campamento Urbano Audiovisual, dirixido á mocidade de 12 a 17 anos. - Campamento Urbano Audiovisual - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro sociocultural - Auditorio de Rianxo
Rúa dos autores da Rianxeira
Rianxo

981 100 688 / 664 181 401

Whatsapp e Telegram: 664 181 401

xuventude@concelloderianxo.gal

 

Horario de atención ao público:

Luns a venres: 08.00 a 15.00​​​​​​​ h

Ligazóns de interese

xuventude.xunta.es
Portal de Información Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

injuve.es
Páxina do Instituto da Xuventude, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

querote.org
Páxina do Centro de Asesoramento afectivo-sexual para a mocidade Querote.

Xuventude

Campamento Urbano Audiovisual

O Servizo de Xuventude vai desenvolver o Campamento Urbano Audiovisual, dirixido á mocidade de 12 a 17 anos.

O Servizo de Xuventude vai desenvolver o Campamento Urbano Audiovisual, dirixido á mocidade de 12 a 17 anos (nados do 2004 ao 2009).

O campamento urbano audiovisual de Rianxo é un obradoiro de verán xuvenil centrado na difusión artística, principalmente audiovisual e escénica. É unha ferramenta coa que pretendemos aproximar a mocidade á creación artística e á súa libre manifestación a través de fórmulas que non se lles adoitan achegar habitualmente, coma a expresión corporal, visual ou sonora.

Algunha das actividades que se desenvolverán:

  1. Actividade Obradoiro audiovisual con elaboración dunha curtametraxe propia

  2. Masterclass de dobraxe

  3. Masterclass de medios técnicos

  4. Xogos e actividades de lecer

  5. Masterclass de maquillaxe audiovisual

  6. Masterclass de interpretación

O Campamento realizarase do 14 ao 29 de xullo, de 10:00 a 14:00 horas, no Pazo de Rianxo.

As solicitudes de inscrición rexeranse polas bases de inscrición. O envío da solicitude implica a aceptación das bases.