Xuventude

- Curso de Iniciación ao alemán II - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro sociocultural - Auditorio de Rianxo
Rúa dos autores da Rianxeira
Rianxo

981 100 688 / 664 181 401

Whatsapp e Telegram: 664 181 401

xuventude@concelloderianxo.gal

 

Horario de atención ao público:

Luns a venres: 08.00 a 15.00​​​​​​​ h

Ligazóns de interese

xuventude.xunta.es
Portal de Información Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

injuve.es
Páxina do Instituto da Xuventude, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

querote.org
Páxina do Centro de Asesoramento afectivo-sexual para a mocidade Querote.

Xuventude

Curso de Iniciación ao alemán II

A Concellería de Emprego e Xuventude convoca o curso de Iniciación ao alemán II, que se celebrará dende o vindeiro 30 de xaneiro ao 20 de febreiro de 2014, de luns a venres, en horario de 11:00 a 13:30 horas, no Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo. O curso terá unha duración de 40 horas e un prezo de 20 euros. O prazo de inscrición comezará o mércores 22 de xaneiro ás 12:00 horas e rematará o vindeiro domingo 26 de xaneiro ás 24:00 horas.

Os contidos que se van traballar durante o curso son:

Contidos lingüísticos: determinantes posesivos - o pasado: perfekt / präteritum - preposicións con dativo e acusativo - verbos que rixen dativo ou acusativo - formación de palabras: verbo + er / verbo + ung - declinación do adxectivo - preposicións temporais: über, von...AN, zwischen - Konjunktiv ii ( subxuntivo) - adverbios temporais: montags, morgens... - conxuncións subordinadas:weil, deshalb, dass, wenn - verbos reflexivos.

Contidos léxicos e culturais: oficios e familia - a vivenda - o turismo - de compras - a cidade - a cultura - o deporte - a saúde e a enfermidade - o traballo - no restaurante - a empresa - a alimentación - costumes típicas de Alemaña.

Ao tratarse dun curso no que se deben ter coñecementos previos, todos os inscritos deben realizar unha proba de nivel no Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo, o luns 27 de xaneiro, ás 12:00 horas.

Bases Xerais

Cadro Informativo

Cartel Informativo