Xuventude

Información sobre as solicitudes e prazas do Campamento de Verán e Plan Madruga Rianxo 2021 - Información de solicitudes para o Campamento de Verán e Plan Madruga - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro sociocultural - Auditorio de Rianxo
Rúa dos autores da Rianxeira
Rianxo

981 100 688 / 664 181 401

Whatsapp e Telegram: 664 181 401

xuventude@concelloderianxo.gal

 

Horario de atención ao público:

Luns a venres: 08.00 a 15.00​​​​​​​ h

Ligazóns de interese

xuventude.xunta.es
Portal de Información Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

injuve.es
Páxina do Instituto da Xuventude, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

querote.org
Páxina do Centro de Asesoramento afectivo-sexual para a mocidade Querote.

Xuventude

Información de solicitudes para o Campamento de Verán e Plan Madruga

Información sobre as solicitudes e prazas do Campamento de Verán e Plan Madruga Rianxo 2021

 

LISTADOS PARTICIPANTES

Axuntamos o listado de solicitudes para o Campamento de Verán e Plan Madruga. Se fixeches a solicitude e non apareces no listado, ou hai algún erro, podes presentar unha reclamación a esta listaxe os días 16 e 17 de xuño no Rexistro do Concello de Rianxo, preferentemente de forma telemática.

O número de solicitudes é superior ó número de prazas, polo que comunicamos:

- Non se acadou o número mínimo de solicitudes para a instalación Centro Cultural Vicente Vidal, polo que a actividade non se realizará nesa instalación. A estes solicitantes ofertaráselle a posibilidade de acudir a outra instalación.

- Dado a alta demanda de prazas, as 20 prazas correspondentes a Leiro, integraranse conforme a demanda das outras instalacións.

- Por outras banda, vaise ampliar o número de prazas tanto do Plan Madruga como do Campamento, ata os límites que nos permita a contratación do servizo.

- Unha vez ser resolvan as posibles reclamacións e se realicen os axustes antes indicados, informamos que todas as solicitudes de persoas empadroadas no Concello de Rianxo obterían praza conforme as solicitudes.

- De haber prazas resultantes, logo destes axustes, estas sortearanse entre aquelas solicitudes feitas en prazo, de persoas que non están empadroadas no Concello de Rianxo. Este sorteo xerará tamén un listado de reserva.

- As solicitudes feitas despois do 15 de xuño irán por orde de inscrición ao listado de reservas.

- O sorteo desas prazas resultantes realizarase o vindeiro venres 18, ás 13.30 h, no Salón de Plenos do Concello, a través de medios informáticos.

Se non vas a cubrir a praza, pregamos no lo comuniques no correo campamento@concelloderianxo.gal ​​​​​​​ou no teléfono 664 181 401.