Xuventude

- Listado admisión Campamento - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro sociocultural - Auditorio de Rianxo
Rúa dos autores da Rianxeira
Rianxo

981 100 688 / 664 181 401

Whatsapp e Telegram: 664 181 401

xuventude@concelloderianxo.gal

 

Horario de atención ao público:

Luns a venres: 08.00 a 15.00​​​​​​​ h

Ligazóns de interese

xuventude.xunta.es
Portal de Información Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

injuve.es
Páxina do Instituto da Xuventude, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

querote.org
Páxina do Centro de Asesoramento afectivo-sexual para a mocidade Querote.

Xuventude

Listado admisión Campamento

Listados

Axuntamos o listado de admisión no Campamento de Verán e no Plan Madruga.

Ampliáronse as prazas para acoller todas as solicitudes presentadas en prazo, tanto para campamento como para Plan Madruga.

No caso do Plan Madruga do Ceip Ana Mª Diéguez, ao non acadar o mínimo establecido para poder desenvolvelo, ofertaráselle praza nas outras instalacións as persoas solicitantes. Farase mediante chamada telefónica.

Documentación que deben presentar as persoas participantes ​​​​​​​

As persoas participantes seleccionadas deberán presentar a seguinte documentación entre os días 21 ao 28 de xuño, ambos incluídos. De non facelo, perderan automaticamente a praza e procederase a cubrila coa reserva correspondente.

  • O xustificante do pagamento (será facilitado polo Concello. Podedes recollelo ben presencialmente no Auditorio de Rianxo ou solicitar que o mandemos por correo, whatsapp, indicando nome e apelidos do neno/a)

  • Autorización do uso de imaxes. Descargar aquí.

  • Autorización de recollida do menor ás persoas autorizadas. Descargar aquí.

  • Autorización de saída do menor pola súa conta (en todo caso, para nenos/as maiores de 10 anos, solo se fora necesario). Descargar aquí.

  • Xustificante médico (só no caso de ser necesario).

    A documentación remitirase preferentemente ao seguinte correo electrónico: campamento@concelloderianxo.gal. Tamén poderá presentarse presencialmente na Oficina de Xuventude.

 

Renuncia a praza obtida

No caso de que se obteña praza e finalmente non se vaia facer uso dela, deberá comunicalo formalmente a través do rexistro do concello ata o 21 de xuño. No caso de que non comunique a renuncia a praza, deberá realizar o aboamento do recibo.

Agradecemos que o comuniquen canto antes para poder xestionar a listaxe de reservas.

Inscricións fóra de prazo

Aqueles que fixeron solicitudes fóra do prazo ou que desexen facelo, poden presentar a solicitude no rexistro ou na sede electrónica, e pasarán por orde de inscrición a listaxe de reserva. Cando haxa prazas dispoñibles, ofertaráselle telefonicamente.