Xuventude

Publicadas as listaxes de persoas admitidas por instalación, resultando admitidas todas as solicitudes presentadas en prazo na primeira opción solicitada. - Listaxes admisión no Concilia Verán 2026 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro sociocultural - Auditorio de Rianxo
Rúa dos autores da Rianxeira
Rianxo

981 100 688 / 664 181 401

Whatsapp e Telegram: 664 181 401

xuventude@concelloderianxo.gal

 

Horario de atención ao público:

Luns a venres: 08.00 a 15.00​​​​​​​ h

Ligazóns de interese

xuventude.xunta.es
Portal de Información Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

injuve.es
Páxina do Instituto da Xuventude, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

querote.org
Páxina do Centro de Asesoramento afectivo-sexual para a mocidade Querote.

Xuventude

Listaxes admisión no Concilia Verán 2026

Publicadas as listaxes de persoas admitidas por instalación, resultando admitidas todas as solicitudes presentadas en prazo na primeira opción solicitada.

Publicadas as listaxes de persoas admitidas por instalación, resultando admitidas todas as solicitudes presentadas en prazo na primeira opción solicitada.

 

  • As persoas participantes seleccionadas deberán realizar o pagamento entre o luns 8 e o martes 16 de xuño, ambos incluídos.
    • Para efectuar o pagamento, o Concello facilitará un recibo que poderá recollerse presencialmente no Centro Sociocultural Auditorio de Rianxo ou solicitar o seu envío por correo electrónico ou mensaxería instantánea (os recibos non estarán dispoñibles ata o 8 de xuño).

 

  • Lémbrase que, no caso de obter praza e finalmente non facer uso dela, deberá comunicarse a renuncia por escrito antes do martes 16 de xuño, ben mediante rexistro no Concello ou a través do correo electrónico campamento@concelloderianxo.gal.
    • No caso de non comunicar a renuncia á praza, deberá realizarse igualmente o aboamento do recibo.

Ademais, agradeceríase comunicar a renuncia coa maior brevidade posible para facilitar que as persoas en listaxe de reserva poidan facer uso das prazas dispoñibles.

  • As solicitudes presentadas a partir do 26 de maio comunicaránselles as prazas asignadas mediante chamada telefónica ao longo da vindeira semana.
  • O prazo de inscrición continúa aberto. As prazas dispoñibles asignaranse por orde de inscrición e comunicaránselles ás persoas solicitantes mediante chamada telefónica.