Xuventude

O espectáculo A Maxia de Europa terá lugar o martes 07 de maio no Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro. - Maxia: A Maxia de Europa, de Europa no teu Concello - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro sociocultural - Auditorio de Rianxo
Rúa dos autores da Rianxeira
Rianxo

981 100 688 / 664 181 401

Whatsapp e Telegram: 664 181 401

xuventude@concelloderianxo.gal

 

Horario de atención ao público:

Luns a venres: 08.00 a 15.00​​​​​​​ h

Ligazóns de interese

xuventude.xunta.es
Portal de Información Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

injuve.es
Páxina do Instituto da Xuventude, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

querote.org
Páxina do Centro de Asesoramento afectivo-sexual para a mocidade Querote.

Xuventude

Maxia: A Maxia de Europa, de Europa no teu Concello

O espectáculo A Maxia de Europa terá lugar o martes 07 de maio no Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro.

O martes 07 de maio, ás 18.00h, terá lugar no Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro o espectáculo de maxia infantil A Maxía de Europa, con Pedro Bugarín. Esta actividade realizase ao abeiro do programa Europa no teu Concello.

Esta actividade de EUROPE DIRECT A Coruña mistura xogos, trucos, ilusións e humor para realizar unha viaxe máxica e dinámica para maiores e pequenos a través dos valores, símbolos, beneficios e algún dos programas da Unión Europea.

O público asistente poderá seguir os trucos de maxia realizados coas bandeiras europea e dos estados membro ou a moeda común, entre outros elementos. O espectáculo estará guiado polo mago Pedro Bugarín, un ilusionista con máis de 15 anos de experiencia no seu eido e que tamén ten vivido múltiples experiencias de mobilidade en Europa.

Esta actividade lúdica e máxica está organizada por EUROPE DIRECT A Coruña dentro da iniciativa Europa no teu Concello, da que forma parte o Concello de Rianxo. O espectáculo levará durante o mes de maio os valores, símbolos e oportunidades da Unión Europea a un total de seis concellos da provincia adheridos a esta rede. ‘A Maxia de Europa’ percorrerá Rianxo, Carral, Vedra, A Laracha, Pontedeume e Rois entre os días 7 e 15 de maio.

Toda a información dispoñible está recollida na páxina: http://www.dacoruna.gal/europedirect/europe-direct-coruna/agenda/2024/la-magia-de-europa