Xuventude

- Plan de Garantía Xuvenil - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro sociocultural - Auditorio de Rianxo
Rúa dos autores da Rianxeira
Rianxo

981 100 688 / 664 181 401

Whatsapp e Telegram: 664 181 401

xuventude@concelloderianxo.gal

 

Horario de atención ao público:

Luns a venres: 08.00 a 15.00​​​​​​​ h

Ligazóns de interese

xuventude.xunta.es
Portal de Información Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

injuve.es
Páxina do Instituto da Xuventude, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

querote.org
Páxina do Centro de Asesoramento afectivo-sexual para a mocidade Querote.

Xuventude

Plan de Garantía Xuvenil

Hoxe ponse en marcha o Plan de Garantía Xuvenil, unha iniciativa europea que pretende facilitar o acceso dos mozos e mozas menores de 25 anos ao mercado de traballo. A máxima a consenguir mediante este programa é que os mozos e mozas menores de 25 anos e maiores de 16 anos, poidan recibir unha oferta de empleo, de educación ou formación despois de finalizar os seus estudos o quedar desempregados.

 

¿Quen pode ser beneficiario?

Os mozos e mozas que cumplan os seguintes requisitos:

  • Ter nacionalidade española ou ser cidadá da Unión ou dos Estados parte do Acordo Económico Europeo ou Suiza que se encontren en España en exercicio da libre circulación e residencia. Tamén poderán inscribirse os extranxeiros titulares dunha autorización para residir no territorio español que habilite para traballar.
  • Estar empadronado en calquera localidade do territorio nacional español.
  • Tener máis de 16 anos e menos de 25, ou menos de 30 años no caso de personas con un grado de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento, no momento de solicitar a inscrición no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
  • Non ter traballado nos 30 días naturales anteriores a data de presentación da solicitude.
  • Non ter recibido accións educativas que conleven máis de 40 horas mensuais nos 90 días naturais anteriores a data de presentación da solicitude.
  • Non ter recibido accións formativas que conleven máis de 40 horas mensuais nos 30 días naturais anteriores a data de presentación da solicitude.
  • Presentar unha declaración escrita de ter interese en participar no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, adquirindo un compromiso de participación activa nas actuacións que se desenvolvan no marco da Garantía Xuvenil.

 

CATÁLOGO DE MEDIDAS
 
As medidas deste plan encontranse encamiñadas a adecuar a educación e a formación que recibe a mocidade ás necesidades reais do mercado laboral e as relacionadas coa mellora da orientación, o acompañamento e a información que reciben os mozos e mozas á hora de buscar un emprego, así como outras medidas para incentivar a contratación, favorecer a flexibilidade e a igualdade de oportunidades no acceso ao mercado de traballo.

 

INSCRICIÓN

A inscrición débese  realizar por vía telemática, ben sexa con DNI ou certificado electrónico ou mediante a solicitude dun usuario e contrasinal.

Exceptúase aquelas persoas que se encontran en risco de exclusión social que conten cun certificado que o acredite e/ou discapacidade recoñecida. Estas personas poderán inscribirse mediante a presentación dun formulario nas oficinas de rexistro da Administración Xeral do Estado e das comunidades autónomas e das Entidades establecidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992.