Xuventude

- Programa de Garantía Xuvenil - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro sociocultural - Auditorio de Rianxo
Rúa dos autores da Rianxeira
Rianxo

981 100 688 / 664 181 401

Whatsapp e Telegram: 664 181 401

xuventude@concelloderianxo.gal

 

Horario de atención ao público:

Luns a venres: 08.00 a 15.00​​​​​​​ h

Ligazóns de interese

xuventude.xunta.es
Portal de Información Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

injuve.es
Páxina do Instituto da Xuventude, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

querote.org
Páxina do Centro de Asesoramento afectivo-sexual para a mocidade Querote.

Xuventude

Programa de Garantía Xuvenil

O programa de Garantía Xuvenil en Galicia enmárcase dentro da Estratexia de Emprendemento e Emprego Xoven que, tras un proceso de diálogo e participación cos Interlocutores Sociais, se articula para dar resposta á situación laboral na que se atopan moitos mozos e mozas en Galicia. Contempla actuacións para mellorar a empregabilidade, facilitar a inserción no ámbito laboral, promover o emprendemento e mellorar a súa situación dentro do mercado de traballo.

Que medidas se van a implantar?

O programa de Garantía Xuvenil en Galicia contempla un catálogo de medidas axustadas aos distintos perfiles de mozos e mozas entre 16 e 29 anos.

As medidas vertébranse en torno a catro eixes principais:

  • Mellora da intermediación: Orientación laboral, información laboral e acompañamento, actuacións con axencias de colocación, etc. 
  • Mellora da empregabilidade: Programas formativos, programas de adquisición de experiencia e prácticas non laborais en empresas. 
  • Estímulos á contratación: Incentivos á contratación indefinida, á contratación temporal así como á transformación de contratos temporais en indefinidos compatibles coas bonificacións das cotizacións á Seguridad Social para as empresas que contraten a mozos e mozas inscritos no sistema nacional de Garantía Xuvenil. 
  • Fomento do emprendemento: Entre as que se inclúen axudas para a creación do propio posto de traballo xa sexa de forma individual como traballadores ou traballadoras autónomas ou xa sexa de forma colectiva constituíndo cooperativas. 

Requisitos

Estes son os requisitos que debes cumprir se queres participar no programa:

  • Ter nacionalidade española o ser cidadán da Unión ou dos Estados parte do Acordo Económico Europeo ou Suiza que se encontren en España no exercicio da libre circulación e residencia. Tamén poderán inscribirse os extranxeiros titulares de unha autorización para residir en territorio español que habilite para traballar.

  • Estar empadroado en calquera localidade do territorio nacional español.

  • Ter máis de 16 anos e menos de 29.

  • Non ter traballado o día natural anterior á data de presentación da solicitude.

  • Non ter recibido acciones educativas o día natural anterior á data de presentación da solicitude.

  • No haber recibido acciones formativas o día natural anterior á data de presentación da solicitude.

  • Presentar una declaración expresa de ter interese en participar no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, adquirindo un compromiso de participación activa nas actuacións que se desenvolvan no marco da Garantía Xuvenil. No caso dos demandantes de emprego bastará coa súa inscrición nos servizos públicos de emprego.
    A inscrición ou renovación como demandante de emprego nun Servizo Público de Emprego implica a inscrición no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, si se cumpren os requisitos indicados.

¿Cómo podes inscribirte?

  • Acceso ao rexistro con DNI electrónico ou certificado: A forma máis sinxela e rápida de acceder ao rexistro é a través de DNI electrónico, certificado electrónico recoñecido ou outros medios que se establezan normativamente e que se habilitarán para o seu emprego por parte das persoas usuarias.
  • Acceso con usuario e contrasinal: Os mozos e mozas interesados en iniciar a inscrición telemática que non dispoñan de identificación electrónica poderán solicitar o seu usuario e contrasinal no noso Servizo de Xuventude. Con só presentar o DNI facilitarásevos o código de activación para o acceso ao sistema a través de usuario e contrasinal, e axudarásevos na formalización da solicitude de inscrición.
 

 

Máis información