Xuventude

- Rianxo Madruga 2024/2025 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro sociocultural - Auditorio de Rianxo
Rúa dos autores da Rianxeira
Rianxo

981 100 688 / 664 181 401

Whatsapp e Telegram: 664 181 401

xuventude@concelloderianxo.gal

 

Horario de atención ao público:

Luns a venres: 08.00 a 15.00​​​​​​​ h

Ligazóns de interese

xuventude.xunta.es
Portal de Información Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

injuve.es
Páxina do Instituto da Xuventude, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

querote.org
Páxina do Centro de Asesoramento afectivo-sexual para a mocidade Querote.

Xuventude

Rianxo Madruga 2024/2025

O servizo Rianxo Madruga é un espazo de acollida e atención aos nenos e nenas nas horas previas ao colexio. Ademais de actividades e xogos varios, os nenos/as poderán xogar libremente con xogos, contos, debuxos,....

Os usuarios poderán facer uso do servizo no horario no que o precisen, dentro do horario do servizo.

Non se servirán almorzos, pero si se habilitará un espazo no que os nenos e nenas poden tomar un almorzo frío que traian da casa.

Inscricións: ata o 19 de agosto, presentando o formulario de inscrición. Antes de realizar a inscrición, ler o calendario e bases de participación:

CALENDARIO E BASES DE PARTICIPACIÓN

Calendario

11/09/2024 ao 20/07/2025, de luns a venres, agás festivos e os seguintes períodos vacacionais (178 días):

• Vacacións de Nadal: dende o 23 de decembro de 2024 ata o 7 de xaneiro de 2025, ambos incluídos.

• Festivos de Entroido: 3, 4 e 5 de marzo de 2025.

• Vacacións de Semana Santa: do 14 de abril ao 21 de abril de 2025, ambos incluídos.

• Vacacións educativas: 31 de outubro de 2024

• Festas locais Festas de Guadalupe: 20 de setembro de 2024

• Festivos do centro (dous días pendentes de confirmación)

Horario

Dende dúas horas antes do inicio do horario escolar.

Persoas Destinatarias

Nenas e nenos de educación infantil e primaria, matriculados nos centros: Ceip Castelao de Rianxo, Cep Brea Segade de Taragoña e Ceip Ana Mª Diéguez de Asados.

Lugar e prazas

Instalación

Plazas

Ceip Castelao de Rianxo

30

Cep Brea Segade de Taragoña

15

Ceip Ana M.ª Diéguez de Asados

15

 

Para a realización das actividades deber haber un grupo mínimo de 5 participantes. O número de prazas por instalación pode variar e/ou adxudicarse a outra instalación no caso de que non se acade ese número mínimo.

Criterios de prioridade

  1. Familias monoparentais nas que a persoa que ostenta a garda e custodia presenta necesidades de conciliación.

  2. Familia cos proxenitores/titores legais con necesidades xustificadas de conciliación por parte de ambos proxenitores.

  3. Familia con crianzas cun grao de discapacidade igual ou superior a 33%.

  4. Resto de solicitantes.

Entendese por necesidades xustificadas de conciliación que os proxenitores/titores estean en condición acreditada de ocupación laboral, dependencia, atención a persoas dependentes ou participantes no sistema de educación ou formación regrada oficial.

Documentación para a inscrición

- Ficha de inscrición ​​​​​​​(descargar ficha de inscrición)

- Xustificación das necesidades de conciliación:

  • por traballo dos proxenitores/titores legais : certificado de empregado público, informe de vida laboral actual, alta na Seguridade Social ou certificado laboral de empresa.

  • no caso de divorcio ou separación, copia da custodia.

  • participantes no sistema de educación ou formación regrada oficial: copia de matrícula, certificado de estudos en vigor ou xustificante de participación emitido polo organismo.

  • por atención de persoas dependentes ou dependencia proxenitores/titores legais: certificado de dependencia.

- Certificado de familia monoparental

- Título de familia numerosa

Cota de Inscrición

Os prezos de inscrición aprobaranse na Xunta de Goberno Local do Concello de Rianxo.

  • Prezo normal: 35 euros por mes
  • Prezo para dous irmáns participantes: 30 euros por mes/participante
  • Prezo para tres irmáns participantes ou para familias numerosas ou familias monoparentais: 25 euros por mes/participante

O pagamento do servizo realizarase mediante o pago do recibo facilitado polo concello. O pago debe realizarse mensualmente, con anterioridade a prestación do servizo.

Calendario inscrición

  • Presentación de solicitudes: do mércores 07 ao luns 19 de agosto

  • Publicación listaxes solicitantes: martes 20 de agosto

  • Presentación de reclamacións: mércores 21 e xoves 22 de agosto

  • Listaxes definitivas: venres 23 de agosto

  • Matrícula e abono da primeira cota: ​​​​​​​do luns 02 ao venres 06 de setembro

Presentación de solicitudes

As solicitudes deberán presentarse do mércores 07 ao luns 19 de agosto(ambos incluídos), no rexistro do Concello de Rianxo, segundo o modelo Solicitude de inscrición no Plan Madruga, e preferentemente, de forma telemática (Sede electrónica do Concello de Rianxo - Solicitude de inscrición en actividades de conciliación, anexando a ficha de inscrición).

​​​Todas as solicitudes presentadas a partir do luns 19 de agosto irán, en orde de inscrición por data e hora, a listaxe de reserva.

A presentación da solicitude implica a aceptación das normas deste procedemento.

Publicación listaxes de solicitantes e presentación de reclamacións/emenda de documentación

O día martes 20 de agosto publicaranse na web do Concello a listaxe das persoas que solicitan praza. Para estes efectos, a presentación da solicitude implica a autorización para a publicación do nome e apelidos do solicitante.

A emenda de documentación requirida ou as reclamacións a esta listaxe poderán presentaranse dende mércores 21 e xoves 22 de agosto no Rexistro do Concello de Rianxo, preferentemente de forma telemática.

Adxudicación de prazas

A praza é persoal e intransferible.

A adxudicación pode ser:

  • Por adxudicación directa, se ao remate do prazo de inscrición (19 agosto) a demanda non supera o número de prazas dispoñibles.

  • No caso de que as persoas inscritas superen o número de prazas ofertadas, a adxudicación no servizo seguirá a orde establecida nos criterios de prioridade. En caso de empate efectuarase por orde de rexistro de entrada.

O venres 23 de agosto publicaranse na web do Concello de Rianxo as listaxes das persoas admitidas e as de agarda.

Documentación que deben presentar as persoas participantes seleccionadas

As persoas participantes seleccionadas deberán presentar a seguinte documentación entre os días luns 02 ao venres 06 de setembro, ambos incluídos. De non facelo, perderan automaticamente a praza e procederase a cubrila coa reserva correspondente.

  • O xustificante do pagamento do primeiro mes (será facilitado polo Concello ben presencialmente ou por correo, whatsapp,...)

  • Autorización de fotografías.

  • Xustificante médico (só no caso de ser necesario).

A documentación remitirase preferentemente ao seguinte correo electrónico: madrugarianxo@concelloderianxo.gal

Tamén poderá presentarse presencialmente no departamento de Servizos Sociais.

Renuncia a praza obtida

No caso de que se obteña praza e finalmente non se vaia facer uso dela, deberá comunicalo por escrito, ben mediante rexistro do concello ou correo electrónico a madrugarianxo@concelloderianxo.gal, ata o 23 de agosto.

Adxudicación de prazas ás listaxes de reserva

As vacantes que se produzan por non presentar a documentación, por presentala fóra do prazo establecido ou por renunciar á praza, seranlles ofertadas, seguindo a orde da listaxe de reserva, ás persoas suplentes. Esta adxudicación comunicarase mediante unha chamada telefónica.

Chamarase á persoa interesada un mínimo de tres veces durante o prazo que vai desde o día que se produce a vacante ata as 14:00 h do día seguinte. De non contactar coa persoa interesada, esta pasará ao final da listaxe e chamarase á seguinte.

Unha vez recibida a comunicación e aceptada a praza, deberán presentar a documentación no prazo de 48 horas. No caso de non presentar a documentación nese prazo, a praza ofreceráselle á seguinte persoa da listaxe de espera.

Devolución da cota

Se unha vez obtida a praza e aboado o prezo correspondente, a persoa interesada non puidera asistir á actividade, deberá solicitalo por rexistro antes do comezo do servizo.

Todas aquelas solicitudes de devolución de cota que non sexan presentadas, tal e como se reflicte no apartado anterior, serán denegadas independentemente da causa xustificativa que se alegue na respectiva solicitude.

Asistencia

Se o usuario/a non vai utilizar algún día o servizo deberá comunicarllo ao/á coordinador/a do servizo presencialmente ou por teléfono antes das 8:00 horas do día que non use o servizo.

A falta de asistencia continuada do servizo durante 15 días ou 30 alternos sen previo aviso nin causa xustificada. En todo caso, as ausencias xustificadas non poderán ser superiores a 2 meses, polo que, transcorrido dito prazo, darase baixa definitiva.

Baixas no servizo

  1. Remate do curso escolar.
  2. Pódese dar de baixa no momento no que o estime oportuno. Para isto, terá que comunicarllo ao/á coordinador/a do servizo nos últimos dez días do mes anterior a causar baixa e solicitar a baixa por escrito nas oficinas municipais.
  3. A falta de asistencia continuada do servizo durante 15 días ou 30 alternos sen previo aviso nin causa xustificada. En todo caso, as ausencias xustificadas non poderán ser superiores a 2 meses, polo que, transcorrido dito prazo, darase baixa definitiva.
  4. Falta de pagamento de dúas cotas mensuais.

Comunicación coas familias

Todas as comunicacións do proceso de inscrición realizaranse a través da páxina web: https://concelloderianxo.gal

Non se realizaran avisos individuais, nin por correo electrónico nin por teléfono.

Unha vez comece o servizo, as comunicacións precisas realizaranse:

Queixas e suxestións

As persoas participantes poderán presentar por escrito todas as suxestións ou reclamacións que consideren oportunas durante o desenvolvemento do Plan Madruga Rianxo – curso escolar 2024/2025 ou no momento do seu remate.

Igualmente, poderán deixar constancia do grao de satisfacción obtido coa actividade desenvolvida e todos os comentarios ou suxestións que queiran facer ao respecto, para o que deberán cubrir o formulario de enquisa que se lles facilitará ao rematar o servizo.

Protección de datos

Os datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro electrónico propiedade do Concello de Rianxo coa única finalidade de proceder á inscrición na actividade para a que se proporcionan os datos.

Serán unicamente cedidos á empresa adxudicataria os datos identificativos e de contacto dos participantes, así como aqueles datos de saúde ou observacións necesarios para o bo desenvolvemento da actividade.

Pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, portabilidade e supresión dos seus datos e os de limitación e oposición ao seu tratamento dirixíndose ao Concello de Rianxo, Praza Castelao, 1, 15920 Rianxo, correo electrónico dpd@concelloderianxo.gal, ou mediante o procedemento habilitado para o efecto da Sede Electrónica: sede.concelloderianxo.gal. Se considera que o tratamento non se axusta á normativa vixente, poderá presentar unha reclamación perante a autoridade de control en www.aepd.es. Datos de contacto do delegado de protección de datos: Ramón Santos Pérez, dpd@concelloderianxo.gal