Asociacionismo

Asociacionismo - Concello de Rianxo

Asociacionismo

As asociacións xuvenís son organizacións formadas por un grupo de mozos e mozas que comparten intereses, afeccións, gustos e obxectivos comúns. Son unha forma máis de expresión e participación activa na sociedade, que permite compartir experiencias, actividades...

A característica principal que diferencia as asociacións xuvenís é que só poden ser socias de pleno dereito as persoas mozas de idade comprendida entre os 14 anos cumpridos e os 30 sen cumprir, e que as actividades que se organicen dende a asociación deben ir destinadas principalmente á mocidade.

Para crear unha asociación xuvenil debes seguir os trámites establecidos para calquera asociación, pero debe figurar nos seus estatutos o seu carácter de asociación xuvenil. Tamén podes inscribila no rexistro de asociacións xuvenís da Dirección Xeral de Xuventude.

Requisitos

Para a constitución dunha asociación é preciso un mínimo de tres persoas que desenvolvan estes cargos: presidencia, secretaría e tesouraría. Estas persoas teñen que ser maiores de 14 anos e menores de 30, límite de idade que non se pode sobrepasar. No caso de que haxa maiores de 30 anos, pero as actividades vaian dirixidas á mocidade poderase converter en entidade prestadora de servizos á xuventude.

Debemos decidir tamén cal vai ser a finalidade da asociación (animación, promoción, defenda dos dereitos,...), que obxectivos vai ter e de que tipo vai ser (cultural, deportivo, social,...).

Lexislación

Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo ( B.O.E. num. 73 de 26 de marzo), reguladora do Dereito de Asociación.

Real Decreto 1497/2003, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento do rexistro nacional de asociacións e das súas relacións cos restantes rexistros de asociacións.

 

Enlaces