Lecer

Lecer - Concello de Rianxo

Lecer

Carnés para a mocidade

 
Carné Xove

É unha tarxeta persoal e intransferible á disposición da mocidade, coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40 países europeos adheridos ao programa, agás excepcións propias de cada comunidade ou país. Dende o 2021, o carné xove é gratuíto e ten vixencia indefinida entre as idades de 12 a 30 anos, ambos os dous inclusive, polo que xa non cómpre renovalo.

 

Carné de Alberguista

Trátase dun carné válido para utilizar en todos os albergues nacionais e internacionais.

 

Viaxar

  • Albergues Xuvenís: Un albergue xuvenil é un lugar que da aloxamento e intercambio cultural entre mozos e mozas de distintos países. Os hóspedes rentan unha cama ou liteira nun dormitorio que comparte baño, cociña e salón. Os principais beneficios dun albergue son en primeiro lugar o baixo prezo de aloxamento e a opción de coñecer os demais viaxeiros de todo o mundo.
  • CouchSurfing: servizo internacional de hospedaxe de balde, con base e funcionamente na rede. Un servizo similar pódelo atopar en hospitalityclub.
  • AEGEE: é unha organización sen afiliación política, aconfesional e sen ánimo de lucro que  promove o espíritu europeo e  fomenta a imaxe dunha Europa unida, abierta e sen fronteras a través de proxectos, viaxes, grupos de traballo, intercambios culturais e actividades nas que colaboran universitarios de toda Europa.
  • AIESEC: é unha organización global, apolítica, sen ánimo de lucro formada por xóvenes profesionais e  estudantes de institucións de educación superior, que promove os intercambios por Europa.

Actividades en Galicia

 

Propostas culturais en galicia