Voluntariado

Voluntariado - Concello de Rianxo

Voluntariado

VOLUNTARIADO

O voluntariado é un acto altruísta, solidario e desinteresado que realiza unha persoa como forma de participación da sociedade na atención de necesidades doutras persoas ou do medio, podendo colaborar en moitas áreas de actuación: medio ambiente, infancia, terceira idade, xuventude, patrimonio cultural, educación, cultura, defensa dos dereitos humanos,... Podes facelo mediante a participación nunha asociación sen ánimo de lucro, ou participando directamente nos programas de voluntariado das administracións públicas e doutros organismos oficiais.

  • Voluntariado Galego: Espazo da Consellería de Política Social que serve de punto de encontro para o movemento asociativo de Galicia. Recolle novas, formación, plans e  programas, plataforma de teleformación,..

​​​​​​​

Cooperación Internacional

No ámbito da cooperación internacional, os voluntarios e voluntarias participan e desenvolven programas no terceiro mundo ou naqueles sitios onde se necesita apoio por razóns de urxencia. A cooperación internacional canalízase a través das Organizacións non Gobernamentais (ONG).

Pódese actuar como voluntario, sen percibir contraprestación económica, ou como cooperante, contratado por unha ONG que desenvolva o seu traballo mediante proxectos de desenvolvemento no estranxeiro.