
Concello de Rianxo - Concello de Rianxo
INFORMACIÓN MUNICIPAL
DESTACAMOS
ACTUALIDADE
Exposición, Castelao no Brea Segade
Exposición, Castelao no Brea Segade. Arquivo do Fondo Local de Música do Concello de Rianxo. DATA: do 09 ao 30 de maio. HORARIO: de luns a xoves de 15.30 a 17.20 horas // venres de 15.30 a 20.30 horas LUGAR: CEP Xosé María Brea Segade (Taragoña)
Actividade sobre ciberseguridade e videoxogos nos centros de ensino
O Concello de Rianxo ofrece, un ano máis, dúas actividades sobre ciberseguridade e videoxogos aos centros escolares de ensino primario do municipio. As crianzas poderán aprender as bases da creación de videoxogos, unha das pólas da industria cultural de máis éxito na actualidade. Por outra banda, aprenderán sobre os perigos derivados do uso das tecnoloxías dunha forma amena a través da historia dos videoxogos. Esta semana visitaremos o CEIP Ana María Diéguez de...
Estadías para familias en residencias de tempo libre
A Consellería de Política Social e Igualdade convoca o procedemento de adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre adscritas a esta consellería no ano 2025. Este programa destinado o desfrute do lecer das familias e posibilitar o acceso de familias a un período vacacional, levarase a cabo na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense) e Panxón-Nigrán (Pontevedra). As estadías comprenderán: Aloxamento en réxime de...
Hórreo Vivo no Araño
Hórreo Vivo no Araño
Maio cultural no Concello de Rianxo
Maio cultural no Concello de Rianxo
Campamentos e Minicampamentos "Coñece Galicia"
A Xunta de Galicia convocou o programa Acción de Verán 2025 para este verán, con campamentos e minicampamentos "Coñece Galicia" para mocidade de 9 a 17 anos. Campamentos: con quendas de entre 8 e 12 días nos meses de xullo, agosto e setembro, ofrecen actividades variadas como náutica, deporte, medio ambiente, arte, ciencia, agricultura ou patrimonio vinculado ao Camiño de Santiago. Minicampamentos "Coñece Galicia": estancias de 5...
EXPOSICIÓN DO XVIII CERTAME Isaac Díaz Pardo DE ARTES
EXPOSICIÓN DO XVIII CERTAME Isaac Díaz Pardo DE ARTES da Deputación da Coruña. A obra gañadora foi Erre Melón, de Berio Molina. (Vídeo Full HD: 14'18´') CANDO: do 29 de abril ao 24 de maio LUGAR: Sala de exposicións do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo HORARIO: luns de 10.00 a 14.30 h // de martes a venres de 10.00 a 14.30 e de 16.30 a 20.30 h // sábados 10.00 a 13.00 h e de 16.30 a 20.30 h
TR3S PRA'3, Festival Infantil de Música e Baile Tradicional
TR3S PRA'3, Festival Infantil de Música e Baile Tradicional. Coa participación do Grupo de Baile e gaitas Santaia de Santa Cruz de Oleiros, Escola Tahume e AMBT Vai de Roda. CANDO: sábado 03 de maio HORA: 18.00 h. LUGAR: Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo
Festas das letras vivas en Asados
Festas das letras vivas en Asados. Veladas da primavera 2025, organizadas polo grupo de Teatro Airiños coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña. CANDO: sábado 10 de maio HORA: a partir das 11.30 h. LUGAR: Carballeira do Cura en Asados (Rianxo) - 11.30 h: Plumas de Asados, presentación de libros con Ramón Branco, Maite Mosconi e Rosa Suárez - 13.30 h: Sesión vermú: Bouba - 17.00: Recital das...
Contacontos, Pelica de burra de Vero Rilo
ESPECTÁCULO-OBRADOIRO DE NARRACIÓN ORAL E MÚSICA: Pelica de burra de Vero Rilo. CANDO: sábado 26 de abril HORA: 19.00 h. LUGAR: Pazo de Martelo PÚBLICO: familiar, crianzas a partir de 3 anos DURACIÓN: 45 minutos ENTRADAS: de balde ata completar capacidade. Proposta de FalaRedes, programa de dinamización lingüística da Xunta de Galicia. Ano 2.735. Despois dunha...
Concerto XXII Aniversario Letras Galegas 2025
Concerto XXII Aniversario Letras Galegas 2025, coa Banda da Escola de Música de Rianxo, o Coro do CEIP Ana Mª Diéguez, as Pandereteiras de Vai de Roda e o Baile de Fogo Fatuo. CANDO: sábado 17 de maio HORA: 12.00 h. LUGAR: Campo de Arriba (Rianxo)
XI Convocatoria aberta para cantar o Grândola
XI Convocatoria aberta para cantar o Grândola, Con Helena de Afonso, José Lara e Orjais DÍA: venres 25 de abril HORA: 20.30 H LUGAR: Cuartel Vello de Rianxo
Concilia Semana Santa 2025
Admitidas todas as solicitudes para o Concilia Semana Santa 2025 Informamos que todas as solicitudes de praza para o programa Concilia Semana Santa 2025 foron admitidas. O Concello remitiu un correo electrónico informativo a todas as familias participantes, no que se detallan os aspectos organizativos do programa. ______________________________________________________________________________________________________________________ Servizo de Conciliación...
Proceso extraordinario de estabilización do persoal do Concello de Rianxo_Lei 20/2021
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou o xoves 29 de decembro as bases xerais e específicas do proceso extraordinario de estabilización ao abeiro do disposto na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes de redución da temporalidade no emprego público e que rexerán os procesos selectivos para a cobertura de 59 prazas de persoal para o Concello de Rianxo. O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou o venres 30 de decembro a convocatoria dos procesos selectivos...
Colaboración no financiamento dos Servizos Sociais
A Deputación da Coruña publicou no BOP núm. 30 do 9 de febreiro de 2024, a resolución pola que aproba a concesión definitiva de subvencións correspondente ao programa FOPPSS/2024: PROGRAMA DE FINANCIAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS MUNICIPAIS NO ANO 2024. O Concello de Rianxo figura como entidade beneficiaria cos seguintes módulos e contías: ...