
Concello de Rianxo - Concello de Rianxo
INFORMACIÓN MUNICIPAL
DESTACAMOS
ACTUALIDADE
Listaxe de admisión no Campamento de Verán 2025
Publícanse as listaxes de admisión para o Campamento de Verán Rianxo 2025. Realizáronse diversos axustes e ampliacións co obxectivo de cubrir todas as solicitudes presentadas dentro do prazo, tanto para o Campamento como para o Plan Madruga. Listaxe admisión IES Félix Muriel
ROMARÍA DAS FOUSAS
ROMARÍA DAS FOUSAS DÍA: sábado 31 de maio HORA: a partir das 11.00 horas LUGAR: Filgueiras (Taragoña)
MESA DE CREADORAS, veladas de primavera 2025
VELADAS DE PRIMAVERA 2025: Mesa de creadoras con Mercedes Peón, Mónica de Nut, Nico Elsker, Elena Ferro e Nove Novel. DÍA: sábado 31 de maio HORA: 19:00 LUGAR: Centro Social da Atalaia (Asados)
No bico un cantar 2025
No bico un cantar 2025. Nenas e nenos cantan a Castelao. O certame musical No bico un cantar, promovido polo Consello da Cultura Galega en colaboración coa Xunta de Galicia, celebra en 2025 a súa novena edición presencial. A cita será en Rianxo, vila natal de Castelao, a quen se lle rende homenaxe neste ano polo 75.º aniversario do seu pasamento en Bos Aires (7 de xaneiro de 1950). Baixo a dirección do mestre Maximino Zumalave e co acompañamento do Quinteto de metais...
XIV SEMINARIO SOBRE A MEMORIA: Os desastres da guerra
XIV SEMINARIO SOBRE A MEMORIA: Os desastres da guerra. Organizado por Nova Escola Galega, CRMH BARBANZA, IES Félix Muriel e o Concello de Rianxo coa colaboración doutras entidades DÍAS: 6 e 7 de xuño LUGAR: no IES Félix Muriel de Rianxo e unha sesión en Compostela. PROGRAMA: d
Espectáculo teatral, Galego de Gabriel Fernández e Julio Molina
Espectáculo teatral, Galego de Gabriel Fernández e Julio Molina. DÍA: venres 06 de xuño HORA: 21.00 h LUGAR: sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo PÚBLICO: recomendado para maiores de 16 anos DURACIÓN: 60 minutos ENTRADA: de balde ata completar capacidade. Recollida de convites dende unha hora antes do comezo na billeteira do auditorio (máximo 2 por persoa) Galego é un monólogo teatral cheo de emoción que...
FESTIVAIS DE VERÁN
Festivais de verán, das aulas da Escola de Música de Rianxo. SESIÓN 1: Aulas de: canto, saxofón, frauta e clarinete. DÍA: venres 13 de xuño HORA: 19:30 LUGAR: Auditorio de Rianxo SESIÓN 2: Aulas de: baixo eléctrico, bombardino, fagot, óboe, trompeta, trombón, tuba, combo infantil e iniciación musical. DÍA: sábado 14 de xuño HORA: 11:30 LUGAR: Auditorio de...
Festas do Pazo
Festas do Pazo DÍA: do venres 06 ao domingo 08 de xuño LUGAR: Pazo - Rianxo
Festas Bacariza
Festas Bacariza DÍA: do sábado 14 de xuño ao domingo 15 de xuño LUGAR: Bacariza-Isorna
Proxección, O Ulla si
Proxección, O Ulla si. Un proxecto audiovisual colectivo para repensar o presente e futuro do Ulla, da Fundación Entretantos coa colaboración de Agrocuir e a Plataforma Ulloa Viva. DÍA: venres 20 de xuño HORA: 21.00 DURACIÓN: 66 minutos ENTRADA: de balde ata completar capacidade LUGAR: Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo Esta película nace dunha reflexión colectiva nas comarcas galegas da Ulloa, Terras...
San Xoán en Taragoña
San Xoán en Taragoña
San Xoán da Hermida no Araño
San Xoán da Hermida no Araño organizada pola Asociación Carballeira de Baia DÍA: sábado 21 de xuño LUGAR: Buía-Araño
Campamento Dixital
O Servizo de Xuventude organiza Campamento Dixital, dirixido a mocidade de 09 a 12 anos, que se desenvolverán en agosto 2025 no Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo. O seu obxectivo é formar a nenos, nenas e adolescentes en competencias dixitais, garantindo así a súa inclusión dixital. O campamento será gratuíto e terá unha duración de 15 días, de luns a venres de 10.30 a 13.30h. As datas a celebrarse serán do 04 ao 14 de agosto ou do 18 ao 29 de agosto. Podedes...
Servizo de Limpeza de Montes e outras tarefas de valorización forestal - Ano 2025
O Concello de Rianxo, en colaboración coa Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, vai presentar oferta de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia, na súa oficina de Boiro, para a contratación de 3 peóns/peoas forestais para o Servizo de Limpeza de Montes e outras tarefas de valorización forestal. As persoas traballadoras que se contraten para a realización das obras e servizos e polas que se outorgue a subvención deberán ser persoas desempregadas...
Listaxe de inscricións para o Campamento de Verán 2025
Publícase a listaxe de solicitudes recibidas dentro do prazo de inscrición para o Campamento de Verán 2025. Recomendámosche revisar que os teus datos sexan correctos. Se non apareces na listaxe, ou se detectas erros ou omisións nos datos, contacta co Servizo de Xuventude no teléfono 664 181 401 ou no correo electrónico campamento@concelloderianxo.gal.