Campamento de verán 2021

Campamento de verán 2021 - Concello de Rianxo

Contactos Campamento 2021

campamento@concelloderianxo.gal

 

Servizo de Xuventude

664 181 401

Auditorio Municipal. Rúa Autores da Rianxeira, s/n. Rianxo

 

Servizo de Deportes

981 86 63 81

Cuartel Vello. Praza Castelao, s/n. Rianxo

Avisos e información do Campamento de Verán 2021

AVISO MODIFICACIÓNS ÚLTIMO DÍA
TARAGOÑA:

Co ánimo de que todos os nenos e nenas poidan participar na actividade Festa da Espuma, e por cuestións de organización, este venres 27, fin de campamento, a actividade de Taragoña (tanto Plan Madruga como Campamento) trasladarase a instalación Pazo de Rianxiño, polo que debedes levar e recoller aos nenos/as nesa instalación,

No Pazo de Rianxiño seguiranse os protocolos da Covid 19, tendo os participantes de Taragoña que entrar/saír polo portal de entrada pequeno (estará sinalizado) e ocuparan un espazo concreto e diferenciado do Pazo para as actividades (e dicir: non se mesturaran cos grupos de Rianxo, polo que a actividade ten a mesma seguridade que se fora feita en Taragoña).

A programación do venres queda entón:

10.30h, Festa de Disfraces de fin de Campamento (poden vir disfrazados da casa).

12.00h, Festa de Espuma (teñen que traer bañador posto, toalla e roupa para cambiarse).

ASADOS:

◦ 10.30 Festa da Espuma (traer bañador, toalla e roupa para cambiarse).

◦ 12.00 Zona en Obras de Brais das Hortas.

Grazas pola colaboración

SEMANA DO 23 DE AGOSTO - ÚLTIMA SEMANA
Esta semana, e como fin de campamento, teremos as seguintes actividades:
TARAGOÑA
  • mércores 25, Picadiscos María Faltri.
  • xoves 26, festa da Auga  (As nenas e nenos poden traer xoguetes de auga. Deberán traer bañador, toalla e roupa para cambiarse.)
  • venres 27, Festa de Disfraces de fin de Campamento (teñen que vir disfrazados da casa).

PAZO DE RIANXIÑO

  • mércores 25, saída ao paseo e a praia. Para facilitar os desprazamentos o campamento e o Plan Madruga trasladase aos baixos do Liceo Marítimo Rianxeiro, polo que terán que levar e recoller aos nenos e nenas alí, na parte de abaixo polo lado do Paseo Marítimo.
  • xoves 26, Extra de Paco Nogueiras.
  • venres 27, Festa Fin de Campamento (Deberán traer bañador, toalla e roupa para cambiarse.)
ASADOS
  • xoves 26, Festa de Disfraces de fin de Campamento (teñen que vir disfrazados da casa).
  • venres 27, Zona en Obras de Brais das Hortas.
 
 
SEMANA DO 09 DE AGOSTO
Esta semana, realizaranse as seguintes actividades/saídas:
TARAGOÑA: Xornada de Xogos populares en Campo Maneiro, venres 13.
PAZO DE RIANXIÑO: Xogos de auga, venres 13. As nenas e nenos poden traer xoguetes de auga. Deberán traer bañador, toalla e roupa para cambiarse.
ASADOS: Paseo a Parque de Santa Lucía, xoves 12.
Xogos de auga, venres 13. As nenas e nenos poden traer xoguetes de auga. Deberán traer bañador, toalla e roupa para cambiarse.
 
SEMANA DO 02 DE AGOSTO
Esta semana contaremos no campamento cun concerto didáctico da Escola de Música de Rianxo:
ASADOS: mércores 04 de agosto, no propio centro.
TARAGOÑA: xoves 05 de agosto, no propio centro.
RIANXO: venres 06 de agosto, no propio centro. (en caso de choiva cambiarase de data).
 
SEMANA DO 26 DE XULLO
Esta semana, realizaranse as seguintes actividades/saídas:
TARAGOÑA: Visita a Fousas ao Monte, o xoves 29.
PAZO DE RIANXIÑO: Festa da auga, venres 30. As nenas e nenos poden traer xoguetes de auga. Deberán traer bañador, toalla e roupa para cambiarse. No caso de choiva, realizarase unha actividade alternativa.
 
 
PROGRAMACIÓN TITIRIBERIA
Esta semana, con motivo da celebración do Festival Titiribeira, os nenos e nenas do Campamento participarán das seguintes actividades:
  • Martes 20 - Grupo Taragoña - Dona Barriga Verde, en Campo Maneiro.
  • Xoves 22 - Grupo Rianxo - O día em que a morte sambou en Auditorio de Rianxo (Este día toda a actividade do Campamento e Plan Madruga realizarase no Auditorio, polo que debese levar e recoller, nos horarios habituais, aos nenos e nenas ao Auditorio).
  • Venres 21 - Grupo Asados - Vacacións no Mar, en Parque Santa Lucía.

Plano entradas Auditorio de Rianxo

 
AVISO DE ACTIVIDADES CEIP ANA MARÍA DIÉGUEZ ASADOS

XOVES 15 XULLO - Festa da auga. As nenas e nenos poden traer xoguetes de auga. Deberán traer bañador, toalla e roupa para cambiarse.

 

AVISO DE ACTIVIDADES PAZO RIANXIÑO 

​​​​AVISO GRUPOS 1, 2 e 3

XOVES 15 XULLO - Festa da auga. As nenas e nenos poden traer xoguetes de auga. Deberán traer bañador, toalla e roupa para cambiarse.

LUNS 19 XULLO- Visita a Aula Activa do Mar

AVISO GRUPOS 4, 5, 6, 7 e 8

XOVES 15 DE XULLO: Visita a Aula Activa do Mar

AVISO FESTIVIDADE 16 XULLO
O 16 de xullo, festivo local, non haberá Campamento.
 
SUBSCRICIÓNS PARA AVISOS

Para mellorar a comunicación coas familias habilitamos dúas novas canles mediante grupos de difusión:

- Telegram: buscar canle:

- Whatsapp: mandar mensaxe por whatsapp ao 664 181 401 co nome do neno/a participante e instalación na que participa.

 

PRIMEIRA SEMANA

Rematou a primeira semana de Campamento. Esta semana estiveron facendo xogos tradicionais, manualidades e obradoiro de igualdade de xénero, entre outros moitos xogos de presentación.

O Alcalde Adolfo Muíños e a concelleira de Cultura e Xuventude Raquel García fixeron unha visita para dar a benvida aos nenos e nenas participantes.

 

CONTACTOS

O teléfono de comunicación do Campamento para avisos, incidencias,... é o 682 289 470 (Amantia).

Ante calquera dúbida ou outras xestións poden poñerse en contacto  no correo campamento@concelloderianxo.gal ou no teléfono 664 181 401.

Lembren que poden seguir toda a información e avisos do campamento nesta mesma páxina:

concelloderianxo.gal/campamento2021