Información xeral

Información xeral - Concello de Rianxo

Contactos Campamento

campamento@concelloderianxo.gal

 

Servizo de Xuventude

664 181 401

Auditorio Municipal. Rúa Autores da Rianxeira, s/n. Rianxo

 

Servizo de Deportes

981 86 63 81

Cuartel Vello. Praza Castelao, s/n. Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Prazas

As prazas do campamento están completas. No caso de producirse algunha baixa, estas prazas seranlle ofertadas, seguindo a orde da listaxe de reserva, ás persoas suplentes, do mesmo grupo de idade que a praza vacante, mediante chamada telefónica. Para os efectos de determinar o grupo, utilizaranse os publicados o día 02 de xullo.​​​​​​​

 

Resume da reunión informativa

O campamento comezará o vindeiro venres 5 de xullo, ás 10:30 horas, no Pazo de Rianxiño de Rianxo, Cep Brea Segade Taragoña e Ceip Ana Mª Diéguez de Asados.

É recomendable que leven auga (co nome posto na botella) e merenda, xa que se realizará un recreo. Aconséllase levar roupa cómoda e botar todos os días crema solar protectora.

 

GRUPOS

 

GRUPOS TARAGOÑA 2021

GRUPOS RIANXO 2021

GRUPOS ASADOS 2021


Os grupos foron establecidos seguindo a data de nacemento. No caso de que queiran cambiar de grupo, deberán comunicalo á organización do campamento que valorará o posible cambio, sempre que non prexudique o bo facer das actividades.

​​​​​​​​​​​​​

ENTRADAS E SAÍDAS

Rogarase a máxima puntualidade ás familias para respectar os horarios de entrada.

As nenas e nenos serán recibidos polo persoal monitor na zona habilitada para a agarda. Desinfectarán as mans con hidroxel e entrarán para o lugar/fila asignado ao seu grupo.

As familias esperarán na zona habilitada, na entrada do recinto, evitando aglomeracións. Só sé permite unha persoa por participante.

No inicio do campamento, e como medida de acompañamento aos máis cativos (nenos/as nados de 2017 e 2016) poderase acceder ao recinto acompañado por un adulto.

É recomendable avisar aos/ás monitores/as de modificacións de horarios ou a non asistencia ao campamento, especialmente si vai ser algo habitual ou planificado (por exemplo: entrar máis tarde ou saír antes por participar noutras actividades; non vir un día á semana; un período de vacacións, etc.).

Ao longo do campamento, cando teñan que chegar tarde ou teñan que saír antes, darase un número de teléfono para chamar e que vaian a abrirlles.

Os/as nenos/as non poderán saír do centro sós ou soas. No caso de que desexen que así o fagan, deberán comunicalo por escrito. Así mesmo, será necesario comunicar por escrito se algún/ha neno/a pode ser recollido/a unicamente por determinadas persoas.

​​​​​​​

PLAN MADRUGA

O horario do Plan Madruga será a partir das 08.00 h, segundo as necesidades familiares.

No Pazo de Rianxiño os nenos/as estarán na zona na que estaba o antigo comedor. No Cep Brea Segade o Plan Madruga desenvolverase no espazo central da escola.

CONTACTOS

Ante calquera dúbida poden poñerse en contacto con nós no correo campamento@concelloderianxo.gal ou no teléfono 682 289 470 (Amantia) ou 664 181 401 (Uxía).

Lembren que poden seguir toda a información e avisos do campamento no enlace:

concelloderianxo.gal/campamento2021

 
 
Reunión informativa

O venres 02 de xullo celebrarase a reunión informativa sobre o campamento. Os horarios e ubicacións son:

10.00 h - Ceip Ana Mª Diéguez

11.00 h - Cep Brea Segade

12.00 h - Pazo de Rianxiño (para familias de nenos/as nados no 2016 e no 2017)

13.00 h - Pazo de Rianxiño (para familias de nenos/as nados do 2009 ao 2015).

Para aquelas familias que non poidan acudir a reunión, ao rematar poñeremos a información neste mesmo apartado da web.

 

Matrícula e abono de cota

Modifícase o prazo de matrícula para o xoves 24 de xuño ao xoves 01 de xullo.

A documentación necesaria é:​​​​​​

  • Xustificante do pagamento (as cartas de pagamento estarán dispoñibles a partir do xoves 24, e pódense solicitar ben por correo electrónico a campamento@concelloderianxo.gal ou en papel nas Oficinas de Xuventude ou Deportes).

  • Declaración responsable de aceptación de condicións de participación, obrigación de información e consentimento informado: Documento

  • ​​​​​​​​​​​Autorización do uso de imaxes: Documento

  • Xustificante médico, se for necesario.

  • Autorización de saída do menor pola súa conta, se for necesario. Documento

  • ​​​​​​​Autorización de recollida do menor ás persoas autorizadas, se for necesario. Documento.​​​​​​​

Información para as familias sobre as medidas da Covid-19 no Campamento

 

Resultado do sorteo 21 xuño

Realizado o sorteo polos servizos técnicos de informática diante da Secretaria do Concello, axuntamos o listado coas prazas e a orde de reserva.

LISTADO SORTEO

Contactarase telefonicamente a aqueles que obtiveron praza neste sorteo.

A medida que haxa prazas vacantes, tamén se contactara seguindo a orde de reserva.

As solicitudes feitas despois do 15 de xuño van por orde de inscrición a este listado de reservas resultado do sorteo.

O prazo de matriculación comezará o mércores 23 de xuño. A documentación estará dispoñible neste apartado. Para o pagamento, debedes recoller o recibo ou ben nas oficinas de Xuventude e Deportes ou pedilo no correo electrónico campamento@concelloderianxo.gal.

Recordamos a aqueles que resultaron adxudicatarios/as de praza, e que finalmente non van facer uso dela, que no lo comuniquen á maior brevidade para poder organizar as prazas dispoñibles.

 

Admisión e sorteo de prazas de reserva

Realizados os axustes de prazas e resoltas as reclamacións, informamos que aumentamos as prazas do Plan Madruga e do Campamento na instalación de Pazo de Rianxiño, e que seguimos traballando no proceso para  poder incrementar as prazas.

Pregamos a aqueles que resultaron adxudicatarios/as de praza, e que finalmente non van facer uso dela, que no lo comuniquen á maior brevidade para poder organizar as prazas dispoñibles.

Axuntamos o listado de admitidos/as por instalación e o listado dos participantes do sorteo.

LISTADO ADMITIDOS

LISTADO SORTEO

-Informamos o cambio de data do sorteo, que será o vindeiro luns 21 ás 12.00 por medios informáticos.

- As persoas participantes admitidas deberán presentar a documentación entre os días 23 ao 30 de xuño, ambos incluídos (de non facelo, perderase automaticamente a praza e procederase a cubrila coa reserva correspondente). A documentación e os recibos de pagamento estarán dispoñibles a partir do mércores 23 xuño.
 - As persoas que están en reserva contactarase telefonicamente a medida que haxa prazas dispoñibles.

- As solicitudes feitas despois do 15 de xuño irán por orde de inscrición ao listado de reservas resultado do sorteo.

 

Solicitudes para o Campamento de Verán e Plan Madruga

LISTADOS PARTICIPANTES

Axuntamos o listado de solicitudes para o Campamento de Verán e Plan Madruga. Se fixeches a solicitude e non apareces no listado, ou hai algún erro, podes presentar unha reclamación a esta listaxe os días 16 e 17 de xuño no Rexistro do Concello de Rianxo, preferentemente de forma telemática.

O número de solicitudes é superior ó número de prazas, polo que comunicamos:

- Non se acadou o número mínimo de solicitudes para a instalación Centro Cultural Vicente Vidal, polo que a actividade non se realizará nesa instalación. A estes solicitantes ofertaráselle a posibilidade de acudir a outra instalación.

- Dado a alta demanda de prazas, as 20 prazas correspondentes a Leiro, integraranse conforme a demanda das outras instalacións.

- Por outras banda, vaise ampliar o número de prazas tanto do Plan Madruga como do Campamento, ata os límites que nos permita a contratación do servizo.

- Unha vez ser resolvan as posibles reclamacións e se realicen os axustes antes indicados, informamos que todas as solicitudes de persoas empadroadas no Concello de Rianxo obterían praza conforme as solicitudes.

- De haber prazas resultantes, logo destes axustes, estas sortearanse entre aquelas solicitudes feitas en prazo, de persoas que non están empadroadas no Concello de Rianxo. Este sorteo xerará tamén un listado de reserva.

- As solicitudes feitas despois do 15 de xuño irán por orde de inscrición ao listado de reservas.

- O sorteo desas prazas resultantes realizarase o vindeiro venres 18, ás 13.30 h, no Salón de Plenos do Concello, a través de medios informáticos.

Se non vas a cubrir a praza, pregamos no lo comuniques no correo campamento@concelloderianxo.gal ​​​​​​​ou no teléfono 664 181 401.

 

 

 

Calendario de actividades
Do 05 de xullo ao 27 de agosto

Horario
Campamento: de luns a venres, de 10:30 a 13:30 h (agás festivos).
Plan Madruga: de luns a venres, de 8:00 a 10:30 h (agás festivos).

Persoas Destinatarias
Nenos e nenas nados entre o 2009 e o 2017, ambos incluídos.

Lugar
Pazo de Rianxiño – CEP Brea Segade – CEIP Ana Mª Diéguez – Centro Cultural de Leiro

Prazas
Campamento: 130, distribuídas do seguinte xeito:
    Pazo de Rianxiño: 50
    CEP Brea Segade: 40
    CEIP Ana Mª Diéguez: 20
    Centro Cultural de Leiro: 20

Plan Madruga: 20, distribuídas do seguinte xeito:
    Pazo de Rianxiño: 10
    CEP Brea Segade: 10
    

Para a realización das actividades,tanto Campamento como Plan Madruga, deber haber un grupo mínimo de 5 participantes.
É obrigatorio estar inscrito no Campamento para participar no Plan Madruga.


Cota de Inscrición
    Campamento: 80 €
    Plan Madruga: 15 €

Bonificacións:
    1. Cota de 70 euros por participante, para as familias nas que participen 2 irmáns.
    2. Cota de 60 euros por participante, no caso de familias con tres ou mais irmáns participantes, ou coa condición de familia numerosa. A condición de familia numerosa terá que acreditarse coa presentación do libro de familia numerosa.
    3. Gratuidade de 12 prazas para familias que acrediten a súa situación de vulnerabilidade mediante a presentación dun informe dos Servizos Sociais do Concello de Rianxo.

O Plan Madruga non ten bonificacións.

Selección de participantes, por orde de prioridade
    1. Nenos/as empadroados no Concello de Rianxo, con ambos proxenitores ou titores/as traballando, ou familias monoparentais cuxo proxenitor/a titor/a traballe.
    2. Nenos/as empadroados no Concello de Rianxo
    3. Nenos/as solicitantes

No momento da inscrición marcarase a preferencia de localización, que se fará valer a efectos do sorteo.

Documentación para a inscrición
- Ficha de inscrición (descarga)
- Volante de empadroamento (só se é residente no concello e non autoriza a consulta dos datos)
- Xustificación de ocupación da/do proxenitor/a ou titor/a actualizada: certificado de empregado público, informe de vida laboral actual, alta na Seguridade Social, certificado laboral de empresa, contrato de traballo.

Calendario inscrición
    • Presentación de solicitudes
    do luns 07 de xuño ata o martes 15 de xuño
    • Publicación listaxes solicitantes
    16 de xuño
    • Presentación de reclamacións
    16 e 17 de xuño
    • Sorteo, no caso de ser necesario
    18 de xuño
    • Matrícula e abono da cota
    do 23 ao 30 de xuño
    • Publicación das listaxes de participantes e grupos
    1 de xullo
    • Reunión de presentación
    02 de xullo                                   
    • Inicio campamento
    05 de xullo

Presentación das solicitudes
As solicitudes deberán presentarse entre luns 07 de xuño e o martes 15 de xuño, preferentemente de forma telemática, no rexistro do Concello de Rianxo, segundo o modelo normalizado.

Todas as solicitudes presentadas a partir desta data non participarán no sorteo (no caso de habelo) e irán, en orde de inscrición por data e hora, ao final da listaxe de reserva xerada por este.
A presentación da solicitude implica a aceptación das normas deste procedemento.

Publicación das listaxes de solicitantes e presentación de reclamacións
O día 16 de xuño publicaranse na web do Concello a listaxe das persoas que solicitan praza no Campamento de Verán e Plan Madruga Rianxo 2021. Para estes efectos, a presentación da solicitude implica a autorización para a publicación dos datos persoais do solicitante.
As reclamacións a esta listaxe poderán presentaranse os días 16 e 17 de xuño no Rexistro do Concello de Rianxo, preferentemente de forma telemática.


Adxudicación das prazas
A adxudicación pode ser:
    1. Por adxudicación directa, se ao remate do prazo de inscrición (15 xuño) a demanda non supera o número de prazas dispoñibles:
    • Primeiro adxudícanse as prazas aos solicitantes no prazo.
    • No caso de non cubrirse, as prazas restantes, ata completar as 130 dispoñibles, cubriranse coas solicitudes feitas a partir do 15 de xuño, por orde de inscrición en data e hora.
    • Unha vez cubertas as prazas totais pasarán a formar parte dunha listaxe de reserva.
      
    2. Por sorteo, empregando medios informáticos, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles. Este sorteo xerará tamén unha listaxe de espera.
    1. Primeiro sortearanse as prazas para aquelas familias empadroadas no Concello de Rianxo, con proxenitores/as – titores/as que traballen, para a localización solicitada.
    2. As prazas sobrantes ofreceránselle a aquelas familias empadroadas no Concello de Rianxo con proxenitores/as – titores/as que traballen, e non obtivesen praza na localización de preferencia.
    3. As seguintes prazas libres sortearanse entre todas aquelas familias empadroadas no Concello de Rianxo nas localizacións con prazas libres.
    4. As prazas sobrantes ofreceránselle a aquelas familias empadroadas no Concello de Rianxo que non obtivesen praza na localización de preferencia.
    5. Sortearanse as prazas sobrantes entre as familias solicitantes.
    6. Xerarase unha listaxe de reserva.

     As solicitudes dos irmáns poderán vincularse para participar no sorteo de xeito conxunto, cun único número. De non facelo, cada irmán participaría co seu propio número.
O día 18 de xuño publicaranse na web do Concello de Rianxo as listaxes das persoas admitidas e as de agarda.
A praza é intransferible.

Adxudicación de prazas ás listaxes de reserva
As vacantes que se produzan por non presentar a documentación, por presentala fóra do prazo establecido ou por renunciar á praza obtida no sorteo, seranlles ofertadas, seguindo a orde da listaxe de reserva, ás persoas suplentes, do mesmo grupo de idade que a praza vacante, mediante chamada telefónica. Para os efectos de determinar o grupo, utilizaranse os publicados o día 02 de xullo.
Chamarase á persoa interesada un mínimo de tres veces durante o prazo que vai desde o día que se produce a vacante ata as 14:00 h do día seguinte. De non contactar coa persoa interesada, esta pasará ao final da listaxe e chamarase á seguinte.
Unha vez recibida a comunicación e aceptada a praza, deberán presentar a documentación no prazo de 48 horas. No caso de non presentar a documentación nese prazo, a praza ofreceráselle á seguinte persoa da listaxe de espera.
A xestión da listaxe de reserva farase exclusivamente desde a Oficina de Xuventude.
Documentación que deben presentar as persoas participantes seleccionadas
As persoas participantes seleccionadas deberán presentar a seguinte documentación entre os días 23 ao 30 de xuño, ambos incluídos (de non facelo, perderase automaticamente a praza e procederase a cubrila coa reserva correspondente).
    • O xustificante do pagamento (será remitido previamente dende o Concello)
    • Declaración responsable de aceptación de condicións de participación, obrigación de información e consentimento informado
    • Autorización do uso de imaxes
    • Xustificante médico, se for necesario.
    • Autorización de saída do menor pola súa conta, se for necesario.
    • Autorización de recollida do menor ás persoas autorizadas, se for necesario.
A documentación remitirase preferentemente ao seguinte correo electrónico:     campamento@concelloderianxo.gal
Tamén poderá presentarse na Oficina de Xuventude, situada no Centro Sociocultural – Auditorio de Rianxo.

Devolución da cota
Se unha vez obtida a praza e aboado o prezo correspondente, a persoa interesada non puidera asistir á actividade, deberá solicitalo por rexistro antes do comezo do servizo.
Todas aquelas solicitudes de devolución de cota que non sexan presentadas tal e como se reflicte no apartado anterior, serán denegadas independentemente da causa xustificativa que se alegue na respectiva solicitude.

Queixas e suxestións
As persoas adxudicatarias poderán presentar por escrito todas as suxestións ou reclamacións que consideren oportunas durante o desenvolvemento do Campamento de Verán Rianxo 2021 ou no momento do seu remate.
Igualmente, poderán deixar constancia do grao de satisfacción obtido coa actividade desenvolvida e todos os comentarios ou suxestións que queiran facer ao respecto, para o que deberán cubrir o formulario de enquisa que se lles facilitará ao rematar ao campamento.

Protección de datos
Os datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro electrónico propiedade do Concello de Rianxo coa única finalidade de proceder á inscrición na actividade para a que se proporcionan os datos.
Serán unicamente cedidos á empresa adxudicataria os datos identificativos e de contacto dos participantes, así como aqueles datos de saúde ou observacións necesarios para o bo desenvolvemento da actividade.
Garántense os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante comunicación por calquera medio legal, no Rexistro Xeral do Concello de Rianxo: Praza de Castelao 1, 15920 Rianxo.

Medidas Prevención da COVID-19
Todas as actuacións vinculadas co Campamento de Verán e Plan Madruga Rianxo 2021 estarán condicionadas á evolución da COVID-19.
    • Antes do comezo da actividade, as familias serán informadas de todas as medidas de hixiene e prevención que se van establecer para o bo desenvolvemento do campamento e terán que asinar unha declaración responsable de aceptación de condicións de participación, obrigación de información e consentimento informado.
    • Deberán responsabilizarse da súa situación particular fronte á COVID-19, de tal forma que se alguén presenta sintomatoloxía asociada coa COVID-19 non acudirá e contactará co persoal monitor da súa actividade.