Campamento de verán 2022

Campamento de verán 2022 - Concello de Rianxo

CAMPAMENTO 2022

Contactos Campamento 2022

campamento@concelloderianxo.gal

 

Servizo de Xuventude

664 181 401

Auditorio Municipal. Rúa Autores da Rianxeira, s/n. Rianxo

 

Servizo de Deportes

981 86 63 81

Cuartel Vello. Praza Castelao, s/n. Rianxo

Información do Campamento de Verán e Plan Madruga 2022

CAMPAMENTO VERÁN RIANXO 2022 – PLAN MADRUGA

 

 

Documentación que deben presentar as persoas participantes seleccionadas

As persoas participantes seleccionadas deberán presentar a seguinte documentación entre os días 22 ao 29 de xuño, ambos incluídos. De non facelo, perderase automaticamente a praza e procederase a cubrila coa reserva correspondente.

  • O xustificante do pagamento

  • Autorización do uso de imaxes. Descargar aquí.

  • Autorización de saída do menor pola súa conta (en todo caso, para nenos/as maiores de 10 anos), solo se fora necesario. Descargar aquí.

  • Autorización de recollida do menor ás persoas autorizadas (aquelas crianzas que non sexan recollidas sempre polos proxenitores). Descargar aquí.
  • Xustificante médico (só no caso de ser necesario).​​​​​​​

A documentación remitirase preferentemente ao seguinte correo electrónico: campamento@concelloderianxo.gal

Tamén poderá presentarse presencialmente na Oficina de Xuventude.

 

 

AVISO

As cartas de pagamento estarán dispoñibles a partir do mércores 22 de xuño.

O prazo para realizar o pagamento e presentar a documentación amplíase ata o mércores 29 de xuño.

Podes solicitar que enviemos a carta de pagamento por correo electrónico no enderezo campamento@concelloderianxo.gal

Desculpen as molestias

 

 

Publicación listaxes solicitantes

​​​​​​​

Axuntamos o listado de solicitudes para o Campamento de Verán e Plan Madruga. Se fixeches a solicitude e non apareces no listado, ou hai algún erro, podes presentar unha reclamación os días 13 e 14 de xuño no Rexistro do Concello de Rianxo, preferentemente de forma telemática.

Pinchar Pazo de Rianxiño

Pinchar CEP Brea Segade

Pinchar CEIP Ana Mª Diéguez

O número de solicitudes é superior ó número de prazas, polo que comunicamos:

- Ampliación das prazas no Pazo de Rianxiño e no Cep Brea Segade, para que todas as solicitudes ata o 10 de xuño sexan atendidas na instalación solicitada.

- No CEIP Ana Mª Diéguez non se acadou o grupo mínimo para realizar o Plan Madruga. Contactarase telefonicamente para ofertar o cambio de instalación.

As persoas participantes admitidas deberán presentar a documentación entre os días 20 ao 28 de xuño, ambos incluídos (de non facelo, perderase automaticamente a praza e procederase a cubrila coa reserva correspondente). A documentación e os recibos de pagamento estarán dispoñibles a partir do luns 20 xuño.

Se tes a condición de familia numerosa, e non enviaches copia do título coa solicitude, envíaa ao correo campamento@concelloderianxo.gal para aplicar a bonificación.

Se non vas a cubrir a praza, comunícao no correo campamento@concelloderianxo.gal ​​​​​​​ou no teléfono 664 181 401 antes do 20 de xuño para anular a carta de pagamento.

As solicitudes realizadas despois do 10 de xuño irán por orde de inscrición ao listado de reservas.

Calendario de actividades

Do 04 de xullo ao 26 de agosto

Romaría familia - Fin de campamento: sábado 27 de agosto

Horario

Campamento: de luns a venres, de 10.30 a 13.30 h.

Plan Madruga: de luns a venres, dende as 08.00 a 10.30 h.

Persoas Destinatarias

Nenos e nenas nados entre o 2010 e o 2018, ambos incluídos.

Lugar

Pazo de Rianxiño – CEP Brea Segade Taragoña – CEIP Ana Mª Diéguez Asados

Prazas

Campamento: 195, distribuídas do seguinte xeito:

Pazo de Rianxiño: 120

CEP Brea Segade: 45

CEIP Ana Mª Diéguez: 30

Plan Madruga: 45, distribuídas do seguinte xeito:

Pazo de Rianxiño: 15

CEP Brea Segade: 15

CEIP Ana Mª Diéguez: 15

Para a realización das actividades, Campamento e Plan Madruga, deber haber un grupo mínimo de 10 participantes.

Para participar no Plan Madruga é obrigatorio participar no Campamento de Verán.

Non haberá servizo de autobús.

Cota de Inscrición

Campamento: 80 €

Plan Madruga: 15 €

Bonificacións:

  1. Cota de 70 euros por participante, para as familias nas que participen 2 irmáns.

  2. Cota de 60 euros por participante, no caso de familias con tres ou mais irmáns participantes, ou coa condición de familia numerosa. A condición de familia numerosa terá que acreditarse coa presentación do libro de familia numerosa.

  3. Gratuidade de 12 prazas para aquelas familias que acrediten a súa situación de vulnerabilidade mediante a presentación dun informe dos Servizos Sociais do Concello de Rianxo.

Criterios de prioridade

  1. Nenos/as empadroados/as no Concello de Rianxo, con necesidades xustificadas de conciliación.

  2. Nenos/as empadroados/as no Concello de Rianxo

  3. Non empadroados/as en Rianxo, pero con proxenitores que traballen neste termo municipal e presenten necesidade de conciliación

  4. Resto de solicitantes.

No momento da inscrición marcarase a preferencia de localización e, para os efectos do sorteo, farase valer esa preferencia.

Documentación para a inscrición

- Ficha de inscrición

​​​​​​- Volante de empadroamento (ou autorización para a súa comprobación)

- Xustificación das necesidades de conciliación:

  • por traballo dos proxenitores: ocupación da/do nai/pai, titor/a legal ou acolledor/a actualizada: certificado de empregado público, informe de vida laboral actual, alta na Seguridade Social, certificado laboral de empresa de todas as persoas que figuren no volante de empadroamento.

  • Por atención de persoas dependentes ou dependencia proxenitores: certificado de dependencia.

Calendario inscrición

  • Presentación de solicitudes: do luns 30 de maio ata o venres 10 de xuño

  • Publicación listaxes solicitantes: 13 de xuño

  • Presentación de reclamacións: 13 e 14 de xuño

  • Sorteo, no caso de ser necesario: 15 de xuño

  • Matrícula e abono da cota: do 20 ao 28 de xuño

  • Publicación das listaxes de participantes e grupos: 30 de xuño

  • Reunión de presentación: 01 de xullo

  • Inicio campamento: ​​​​​​​04 de xullo

Presentación de solicitudes

As solicitudes deberán presentarse do luns 30 de maio ata o venres 10 de xuño (ambos inclusive), no rexistro do Concello de Rianxo, segundo o modelo Solicitude de inscrición no Campamento de Verán, e preferentemente de forma telemática.

​​​

Todas as solicitudes presentadas a partir do 10 de xuño non participarán no sorteo, no caso de habelo, e irán, en orde de inscrición por data e hora, ao final da listaxe de reserva xerada por este.

A presentación da solicitude implica a aceptación das normas deste procedemento.

Publicación listaxes de solicitantes e presentación de reclamacións

O día 13 de xuño publicaranse na web do Concello a listaxe das persoas que solicitan praza no Campamento de Verán Rianxo 2022. Para estes efectos, a presentación da solicitude implica a autorización para a publicación dos datos persoais do solicitante.

As reclamacións a esta listaxe poderán presentaranse os días 13 e 14 de xuño no Rexistro do Concello de Rianxo, preferentemente de forma telemática.

Adxudicación de prazas

A praza é persoal e intransferible.

A adxudicación pode ser:

  1. Por adxudicación directa, se ao remate do prazo de inscrición (10 xuño) a demanda non supera o número de prazas dispoñibles:

  • Primeiro adxudícanse as prazas aos solicitantes no prazo.

  • No caso de non cubrirse, as prazas restantes, ata completar as 195 dispoñibles, cubriranse coas solicitudes feitas a partir do 10 de xuño, por orde de inscrición en data e hora.

  • Unha vez cubertas as prazas totais pasarán a formar parte dunha listaxe de reserva.

  1. Por sorteo, empregando medios informáticos, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles. Este sorteo xerará tamén unha listaxe de espera. Terán prioridade aqueles casos con necesidade de conciliación no que respecta á elección de instalación, na seguinte orde:

    1. Familias empadroadas no Concello de Rianxo, con necesidades de conciliación, para a localización solicitada

    2. Familias empadroadas no Concello de Rianxo con necesidades de conciliación e non obtivesen praza na localización solicitada.

    3. Familias empadroadas no Concello de Rianxo na localización solicitada con prazas libres.

    4. Familias empadroadas no Concello de Rianxo que non obtivesen praza na localización solicitada.

    5. Familias nas que os proxenitores traballen no término municipal do Concello de Rianxo e presenten necesidades de conciliación.

    6. Resto de solicitantes

    7. Listaxe de reserva

As solicitudes dos irmáns poderán vincularse para participar no sorteo de xeito conxunto, cun único número. De non facelo, cada irmán participaría participará de forma independente co seu propio número.

O día 15 de xuño publicaranse na web do Concello de Rianxo as listaxes das persoas admitidas e as de agarda.

Adxudicación de prazas ás listaxes de reserva

As vacantes que se produzan por non presentar a documentación, por presentala fóra do prazo establecido ou por renunciar á praza obtida no sorteo, seranlles ofertadas, seguindo a orde da listaxe de reserva, ás persoas suplentes, do mesmo grupo de idade que a praza vacante. Esta adxudicación comunicarase mediante unha chamada telefónica. Para os efectos de determinar o grupo, utilizaranse os publicados o día 30 de xuño.

Chamarase á persoa interesada un mínimo de tres veces durante o prazo que vai desde o día que se produce a vacante ata as 14:00 h do día seguinte. De non contactar coa persoa interesada, esta pasará ao final da listaxe e chamarase á seguinte.

Unha vez recibida a comunicación e aceptada a praza, deberán presentar a documentación no prazo de 48 horas. No caso de non presentar a documentación nese prazo, a praza ofreceráselle á seguinte persoa da listaxe de espera.

A xestión da listaxe de reserva farase exclusivamente desde a Oficina de Xuventude.

Documentación que deben presentar as persoas participantes seleccionadas

As persoas participantes seleccionadas deberán presentar a seguinte documentación entre os días 20 ao 28 de xuño, ambos incluídos. De non facelo, perderase automaticamente a praza e procederase a cubrila coa reserva correspondente.

  • O xustificante do pagamento

  • Autorización do uso de imaxes

  • Xustificante médico (só no caso de ser necesario).

  • Autorización de saída do menor pola súa conta (en todo caso, para nenos/as maiores de 10 anos), solo se fora necesario.

  • Autorización de recollida do menor ás persoas autorizadas, solo se fora necesario.

A documentación remitirase preferentemente ao seguinte correo electrónico: campamento@concelloderianxo.gal

Tamén poderá presentarse presencialmente na Oficina de Xuventude.

Renuncia a praza

No caso de que se obteña praza e finalmente non se vaia facer uso dela, deberá comunicalo no correo campamento@concelloderianxo.gal, antes da finalización do prazo de presentación de documentación (do 20 ao 28 de xuño).

Formación de grupos

Os grupos formaranse segundo data de nacemento.

So excepcionalmente, e de forma xustificada e documentada, valorarase a posibilidade de facer o cambio de grupo.

Devolución da cota

Se unha vez obtida a praza e aboado o prezo correspondente, a persoa interesada non puidera asistir á actividade, deberá solicitalo por rexistro antes do comezo do servizo.

Todas aquelas solicitudes de devolución de cota que non sexan presentadas, tal e como se reflicte no apartado anterior, serán denegadas independentemente da causa xustificativa que se alegue na respectiva solicitude.

Queixas e suxestións

As persoas adxudicatarias poderán presentar por escrito todas as suxestións ou reclamacións que consideren oportunas durante o desenvolvemento do Campamento de Verán Rianxo 2022 ou no momento do seu remate.

Igualmente, poderán deixar constancia do grao de satisfacción obtido coa actividade desenvolvida e todos os comentarios ou suxestións que queiran facer ao respecto, para o que deberán cubrir o formulario de enquisa que se lles facilitará ao rematar ao campamento.

Protección de datos

Os datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro electrónico propiedade do Concello de Rianxo coa única finalidade de proceder á inscrición na actividade para a que se proporcionan os datos.

Serán unicamente cedidos á empresa adxudicataria os datos identificativos e de contacto dos participantes, así como aqueles datos de saúde ou observacións necesarios para o bo desenvolvemento da actividade.

Garántense os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante comunicación por calquera medio legal, no Rexistro Xeral do Concello de Rianxo: Praza de Castelao 1, 15920 Rianxo.

Outras consideracións

Todas as actuacións vinculadas co Campamento De Verán Rianxo 2022 estarán condicionadas á evolución da COVID-19 ou doutras posibles emerxencias sanitarias, seguindo en todo momento as indicacións das autoridades sanitarias.

​​​​​​​