Campamento de verán 2024

- Información Campamento de Verán Rianxo 2024 - Concello de Rianxo

CAMPAMENTO 2024

Contactos Campamento 2024

campamento@concelloderianxo.gal

 

Servizo de Xuventude

664 181 401

Auditorio Municipal. Rúa Autores da Rianxeira, s/n. Rianxo

 

Servizo de Deportes

981 86 63 81

Cuartel Vello. Praza Castelao, s/n. Rianxo

Blog DO CAMPAMENTO DE VERÁN 2024

Información Campamento de Verán Rianxo 2024

Calendario de actividades

Poderase realizar a inscrición polas seguintes datas:

  • Completo: do 24 de xuño ao 30 de agosto

  • Bloque 1- xullo: do 24 de xuño ao 31 de xullo

  • Bloque 2- agosto: do 1 ao 30 de agosto

Horario

Campamento: de luns a venres, de 10.30 a 13.30 h (agás festivos)

Plan Madruga: de luns a venres, dende as 08.00 a 10.30 h (agás festivos)

Persoas Destinatarias

Nenos e nenas nados entre o 2012 e o 2020, ambos incluídos.

Lugar

IES Félix Muriel Rianxo– CEP Brea Segade Taragoña – CEIP Ana Mª Diéguez Asados

Prazas

Campamento: 195, distribuídas do seguinte xeito:

  • IES Félix Muriel: 90
  • CEP Brea Segade: 75
  • CEIP Ana Mª Diéguez: 30

Plan Madruga: 45, distribuídas do seguinte xeito:

  • IES Félix Muriel: 15
  • CEP Brea Segade: 15
  • CEIP Ana Mª Diéguez: 15

Para a realización das actividades, Campamento e Plan Madruga, deber haber un grupo mínimo de 10 participantes. O número de prazas por instalación pode variar e/ou adxudicarse a outra instalación no caso de que non se acade ese número mínimo.

Para participar no Plan Madruga é obrigatorio participar tamén no Campamento de Verán.

Cota de Inscrición 

Campamento:

​​​​​Cota do Plan Madruga: 30 euros (cota única)

Criterios de prioridade

  1. Nenos/as empadroados/as ou cos proxenitores/titores legais empadroados no Concello de Rianxo, con necesidades xustificadas de conciliación por parte de ambos proxenitores ou do proxenitor/a que teña a custodia, e que se inscriban no campamento completo.

  2. Nenos/as empadroados/as ou cos proxenitores/titores legais empadroados no Concello de Rianxo, con necesidades xustificadas de conciliación por parte de ambos proxenitores ou do proxenitor/a que teña a custodia, que se inscriban en un dos bloques.

  3. Nenos/as empadroados/as ou cos proxenitores/titores legais empadroados no Concello de Rianxo e que se inscriban no campamento completo.

  4. Nenos/as empadroados/as ou cos proxenitores/titores legais empadroados no Concello de Rianxo, que se inscriban nun dos bloques.

  5. Non empadroados/as en Rianxo, con proxenitores/titores legais que traballen neste termo municipal e presenten necesidade de conciliación, e que se inscriban no campamento completo.

  6. Non empadroados/as en Rianxo, con proxenitores/titores legais que traballen neste termo municipal e presenten necesidade de conciliación, que se inscriban nun dos bloques.

  7. Resto de solicitantes.

Entendese por necesidades xustificadas de conciliación que os proxenitores/titores estean en condición acreditada de ocupación laboral, dependencia, atención a persoas dependentes ou participantes no sistema de educación ou formación regrada oficial.

No momento da inscrición marcarase a preferencia de localización e, para os efectos do sorteo, farase valer esa preferencia.

Documentación para a inscrición

- Ficha de inscrición (Descargar aquí)​​​​​​​

- Volante de empadroamento (ou autorización para a súa comprobación)

- Xustificación das necesidades de conciliación:

  • por traballo dos proxenitores: certificado de empregado público, informe de vida laboral actual, alta na Seguridade Social ou certificado laboral de empresa.
  • no caso de divorcio ou separación, copia da custodia.
  • participantes no sistema de educación ou formación regrada oficial: copia de matrícula, certificado de estudos en vigor ou xustificante de participación emitido polo organismo.
  • por atención de persoas dependentes ou dependencia proxenitores: certificado de dependencia.

- Certificado de familia monoparental

- Título de familia numerosa

Calendario inscrición

  • Presentación de solicitudes

do luns 20 ao xoves 30 de maio

  • Publicación listaxes solicitantes

luns 03 de xuño

  • Presentación de reclamacións

martes 04 e mércores 05 de xuño

  • Listaxes definitivas

    xoves 06 de xuño

  • Sorteo, no caso de ser necesario

xoves 06 de xuño

  • Matrícula e abono da cota

do mércores 12 ao mércores 19 de xuño

  • Publicación das listaxes de participantes e grupos

xoves 20 de xuño

  • Reunión de presentación

venres 21 de xuño

  • Inicio campamento

luns 24 de xuño

Presentación de solicitudes

As solicitudes deberán presentarse do luns 20 ao xoves 30 de maio (ambos incluídos), no rexistro do Concello de Rianxo, segundo o modelo Solicitude de inscrición no Campamento de Verán, e, preferentemente, de forma telemática (Sede electrónica do Concello de Rianxo - Solicitude de inscrición en actividades de conciliación, anexando a ficha de inscrición. Unha solicitude por neno/a participante)

Ficha de inscrición​​​​​

Todas as solicitudes presentadas a partir do 30 de maio non participarán no sorteo, no caso de habelo, e irán, en orde de inscrición por data e hora, ao final da listaxe de reserva xerada por este.

A presentación da solicitude implica a aceptación das normas deste procedemento.

Publicación listaxes de solicitantes e presentación de reclamacións/emenda de documentación

O día 03 de xuño publicaranse na web do Concello a listaxe das persoas que solicitan praza no Campamento de Verán Rianxo 2024. Para estes efectos, a presentación da solicitude implica a autorización para a publicación do nome e apelidos do solicitante.

A emenda de documentación requirida ou as reclamacións a esta listaxe poderán presentaranse dende o 04 ao 05 de xuño no Rexistro do Concello de Rianxo, preferentemente de forma telemática.

Adxudicación de prazas

A praza é persoal e intransferible.

A adxudicación pode ser:

  1. Por adxudicación directa, se ao remate do prazo de inscrición (30 maio) a demanda non supera o número de prazas dispoñibles:

  • Primeiro adxudícanse as prazas aos solicitantes en prazo.

  • No caso de non cubrirse, as prazas restantes, ata completar as 195 dispoñibles, cubriranse coas solicitudes feitas a partir do 30 de maio, por orde de inscrición en data e hora.

  • Unha vez cubertas as prazas totais pasarán a formar parte dunha listaxe de reserva.

     

  1. Por sorteo, empregando medios informáticos, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles. O sorteo realizarase seguindo os criterios de prioridade e a preferencia de instalación. O sorteo xerará tamén a listaxe de reserva.

As solicitudes dos irmáns poderán vincularse para participar no sorteo de xeito conxunto, cun único número. De non facelo, cada irmán participaría participará de forma independente co seu propio número.

O día 06 de xuño publicaranse na web do Concello de Rianxo as listaxes das persoas admitidas e as de agarda.

Documentación que deben presentar as persoas participantes seleccionadas

As persoas participantes seleccionadas deberán presentar a seguinte documentación entre os días 12 ao 19 de xuño, ambos incluídos. De non facelo, perderan automaticamente a praza e procederase a cubrila coa reserva correspondente.

  • O xustificante do pagamento (será facilitado polo Concello ben presencialmente o por correo, whatsapp,...)

  • Autorización do uso de imaxes.

  • Autorización de recollida do menor ás persoas autorizadas.

  • Autorización de saída do menor pola súa conta (en todo caso, para nenos/as maiores de 10 anos, solo se fora necesario).

  • Xustificante médico (só no caso de ser necesario).

A documentación remitirase preferentemente ao seguinte correo electrónico: campamento@concelloderianxo.gal

Tamén poderá presentarse presencialmente na Oficina de Xuventude.

Renuncia a praza obtida

No caso de que se obteña praza e finalmente non se vaia facer uso dela, deberá comunicalo por escrito, ben mediante rexistro do concello ou correo electrónico a campamento@concelloderianxo.gal, ata o 21 de xuño.

No caso de que non comunique a renuncia a praza, deberá realizar o aboamento do recibo.

Adxudicación de prazas ás listaxes de reserva

As vacantes que se produzan por non presentar a documentación, por presentala fóra do prazo establecido ou por renunciar á praza obtida no sorteo, seranlles ofertadas, seguindo a orde da listaxe de reserva, ás persoas suplentes, do mesmo grupo de idade que a praza vacante. Esta adxudicación comunicarase mediante unha chamada telefónica. Para os efectos de determinar o grupo, utilizaranse os publicados o día 21 de xuño.

Chamarase á persoa interesada un mínimo de tres veces durante o prazo que vai desde o día que se produce a vacante ata as 14:00 h do día seguinte. De non contactar coa persoa interesada, esta pasará ao final da listaxe e chamarase á seguinte.

Unha vez recibida a comunicación e aceptada a praza, deberán presentar a documentación no prazo de 48 horas. No caso de non presentar a documentación nese prazo, a praza ofreceráselle á seguinte persoa da listaxe de espera.

A xestión da listaxe de reserva farase exclusivamente desde a Oficina de Xuventude.

Formación de grupos

Os grupos formaranse segundo data de nacemento.

So excepcionalmente, e de forma xustificada e documentada, valorarase a posibilidade de facer o cambio de grupo.

Devolución da cota

Se unha vez obtida a praza e aboado o prezo correspondente, a persoa interesada non puidera asistir á actividade, deberá solicitalo por rexistro antes do comezo do servizo (24 de xuño).

Todas aquelas solicitudes de devolución de cota que non sexan presentadas, tal e como se reflicte no apartado anterior, serán denegadas independentemente da causa xustificativa que se alegue na respectiva solicitude.

Comunicación coas familias

Todas as comunicacións do proceso de inscrición realizaranse a través da páxina web: https://concelloderianxo.gal/campamento2024.

Non se realizaran avisos individuais, nin por correo electrónico nin por teléfono.

Unha vez comece o campamento, as comunicacións precisas realizaranse:

  • na páxina web https://concelloderianxo.gal/campamento2024

  • nos grupos de difusión de whatsapp e grupos de difusión de telegram. A comezos do campamento publicaranse na páxina web os enlaces para unirse aos grupos.

Asemade, habilitarase un teléfono ao que as familias poden dirixirse para deixar avisos, que se fará público no comezo do campamento.

Queixas e suxestións

As persoas participantes poderán presentar por escrito todas as suxestións ou reclamacións que consideren oportunas durante o desenvolvemento do Campamento de Verán Rianxo 2024 ou no momento do seu remate.

Igualmente, poderán deixar constancia do grao de satisfacción obtido coa actividade desenvolvida e todos os comentarios ou suxestións que queiran facer ao respecto, para o que deberán cubrir o formulario de enquisa que se lles facilitará ao rematar ao campamento.

Protección de datos

Os datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro electrónico propiedade do Concello de Rianxo coa única finalidade de proceder á inscrición na actividade para a que se proporcionan os datos.

Serán unicamente cedidos á empresa adxudicataria os datos identificativos e de contacto dos participantes, así como aqueles datos de saúde ou observacións necesarios para o bo desenvolvemento da actividade.

Pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, portabilidade e supresión dos seus datos e os de limitación e oposición ao seu tratamento dirixíndose ao Concello de Rianxo, Praza Castelao, 1, 15920 Rianxo, correo electrónico dpd@concelloderianxo.gal, ou mediante o procedemento habilitado para o efecto da Sede Electrónica: sede.concelloderianxo.gal. Se considera que o tratamento non se axusta á normativa vixente, poderá presentar unha reclamación perante a autoridade de control en www.aepd.es. Datos de contacto do delegado de protección de datos: Ramón Santos Pérez, dpd@concelloderianxo.gal