Campamento de verán 2024

- Listaxe de admitidos/as no Campamento de Verán - Concello de Rianxo

CAMPAMENTO 2024

Contactos Campamento 2024

campamento@concelloderianxo.gal

 

Servizo de Xuventude

664 181 401

Auditorio Municipal. Rúa Autores da Rianxeira, s/n. Rianxo

 

Servizo de Deportes

981 86 63 81

Cuartel Vello. Praza Castelao, s/n. Rianxo

Blog DO CAMPAMENTO DE VERÁN 2024

Listaxe de admitidos/as no Campamento de Verán

Publicase a listaxe de admitidos/as no campamento, por instalación e por período.

Realizáronse diversos axustes e ampliacións para cubrir o maior número de solicitudes nas instalacións solicitadas.

Instalación Brea Segade Taragoña

Admítense todas as solicitudes realizadas en prazo.

Instalación Félix Muriel Rianxiño

Tendo en conta os axustes e as ampliacións, o número de solicitudes segue sendo maior que o número de prazas, sendo necesario aplicar os criterios de prioridade establecidos nas bases.

As solicitudes que non acadaron praza por estar no último criterio de prioridade, ofertáselles praza na instalación do Ceip Ana Mª Dieguez.

No caso de haber baixas na instalación Félix Muriel ofertaríaselle o traslado. Para determinar o orde desta listaxe de reserva, realizarase o sorteo, por medios informáticos, hoxe xoves 06 as 14.00 h, no Centro Sociocultural- Auditorio de Rianxo.

Instalación Ceip Ana Mª Diéguez Asados

Admítense todas as solicitudes realizadas en prazo.

Nesta instalación quedan prazas dispoñibles, coa opción de Plan Madruga, polo que si tes praza nalgunha outra instalación pero desexas facer o cambio, ponte en contacto no 664 181 401 (Xuventude) ou no correo campamento@concelloderianxo.gal. Estes cambios realizaranse por orde de solicitude.

Listaxe de reservas, para aquelas inscricións realizadas dende o 31 de maio

Esta listaxe de reservas ofertaráselle praza, por orde de inscrición, na instalación Ceip Ana Mª Diéguez Asados, e continuará a orde saída no sorteo para o cambio de instalación.

Estas prazas comunicaranse por teléfono.

Renuncia a praza obtida

No caso de que se obteña praza e finalmente non se vaia facer uso dela, deberá comunicalo por escrito, ben mediante rexistro do concello ou correo electrónico a campamento@concelloderianxo.gal, ata o 21 de xuño.

No caso de que non comunique a renuncia a praza, deberá realizar o aboamento do recibo.

Formalización da matrícula

O período para formalizar a praza será entre os días 12 ao 19 de xuño, ambos incluídos. Na vindeira semana publicarase na web os formularios e o procedemento de pago.