Campamento de verán 2024

- Resumo reunión informativa e grupos - Concello de Rianxo

CAMPAMENTO 2024

Contactos Campamento 2024

campamento@concelloderianxo.gal

 

Servizo de Xuventude

664 181 401

Auditorio Municipal. Rúa Autores da Rianxeira, s/n. Rianxo

 

Servizo de Deportes

981 86 63 81

Cuartel Vello. Praza Castelao, s/n. Rianxo

Blog DO CAMPAMENTO DE VERÁN 2024

Resumo reunión informativa e grupos

GRUPOS

Os grupos formaranse segundo data de nacemento. So excepcionalmente, e de forma xustificada, valorarase a posibilidade de facer o cambio de grupo.

RESUMO REUNIÓN INFORMATIVA

O campamento comezará o vindeiro luns 24 de xuño, ás 10:30 horas, no Ies Félix Muriel de Rianxo, Cep Brea Segade Taragoña e Ceip Ana Mª Diéguez de Asados.

É recomendable que leven auga (co nome posto na botella) e merenda, xa que se realizará un recreo. Aconséllase levar roupa cómoda e botar todos os días crema solar protectora.

PRIMEIRO DÍA

Os primeiros días as monitoras estarán esperando no lugar das filas co cartel co número do grupo. Os nenos e nenas deben dirixirse ao seu grupo. As familias esperarán na zona habilitada evitando aglomeracións. No Cep Brea Segade as filas faranse na entrada do colexio, na zona cuberta. No Ceip Ana Mª Diéguez faranno na pavillón deportivo. No Félix Muriel farase a entrada nas escaleiras do pavillón, facendoo os grupos do 1 ao 4 polo lado dereito e os grupos do 5 ao 8 polo esquerdo:

Entradas e saídas Félix Muriel

No inicio do campamento, e como medida de acompañamento aos máis cativos (nenos/as nados de 2019 e 2020) poderase acceder ao recinto acompañado por un adulto.

ENTRADAS E SAÍDAS

Rogarase a máxima puntualidade ás familias para respectar os horarios de entrada.

As nenas e nenos serán recibidos polo persoal monitor na zona habilitada para a agarda. Entrarán para o lugar/fila asignado ao seu grupo. As familias esperarán na zona habilitada, na entrada do recinto, evitando aglomeracións.

É recomendable avisar aos/ás monitores/as de modificacións de horarios ou a non asistencia ao campamento, especialmente si vai ser algo habitual ou planificado (por exemplo: entrar máis tarde ou saír antes por participar noutras actividades; non vir un día á semana; un período de vacacións, etc.). Ao longo do campamento, cando teñan que chegar tarde ou teñan que saír antes, darase un número de teléfono para chamar e que vaian a abrirlles.

Os/as nenos/as non poderán saír do centro sós ou soas. No caso de que desexen que así o fagan, deberán comunicalo por escrito. Así mesmo, será necesario comunicar por escrito se algún/ha neno/a pode ser recollido/a unicamente por determinadas persoas.

​​​​​​​PLAN MADRUGA

O horario do Plan Madruga será a partir das 08.00 h, segundo as necesidades familiares.

No Ies Félix Muriel os nenos/as estarán no pabillón polideportivo. No Cep Brea Segade o Plan Madruga desenvolverase no espazo central da escola e no Ceip Ana Mª Diéguez no patio.

AVISOS E COMUNICACIÓNS

O teléfono de contacto para os avisos do campamento é o 674 041 412. Tamén poden contactar no correo campamento@concelloderianxo.gal ​​​​​​​ou no teléfono 664 181 401.

Toda a información e avisos comunicaranse:

  • na páxina web concelloderianxo.gal/campamento2024
  • Grupo de difusión de WhatsApp. Gardar nos seus contactos o teléfono 664 181 401 e escribir unha mensaxe pedindo ser incluídos no grupo e a indicación de que en instalación quere recibir avisos
  • Canal de telegram: subscribirse ao enlace da instalación interesada
    - Campamento Asados: t.me/CampamentoAsados2024
    - Campamento Rianxo: t.me/CampamentoRianxo24
  • ​​​​​​- Campamento Rianxo: t.me/CampamentoTaragona2024