Educación e Cultura

- 18 Encontro internacional, Zona da Zanfona - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de  Cultura, Museos e Mocidade; Festas e Centros socioculturais​​​​​​​

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 15.00
 

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

EDUCACIÓN E CULTURA

18 Encontro internacional, Zona da Zanfona

Nos vindeiros 2, 3 e 8, 9, 10 de xullo 2022 aCentral Folque organiza a Zona da Zanfona. Encontro Internacional en Rianxo. Un evento que cumpre as dezaoito edicións ininterrompidas organizado por aCentral Folque e promovido desde o Concello de Rianxo onde teñen pasado os nomes máis senlleiros da escena europea nas últimas dúas décadas.

Zona da Zanfona é o festival da manivela musical, da revolución silenciosa e mecánica do arco infinito. Esta edición terá unha programación especial con algunha novidade mantendo o espírito que combina as actividade para o público xeral e a atención ao especializado de outros lugares que se acheguen até a Ría de Arousa. Músicos amadores e profesionais e audiencias en xeral que atoparán interese e deleite na escoita deste fabuloso instrumento. O ZdZ ofrece na vila mariñeira e literaria de Rianxo unha desculpa para vir e gozar de concertos, cursos e convivio arredor da zanfona.

ZONA DA ZANFONA. RIANXO xullo 2022. Programa

Concertos

  • venres 8 xullo. Auditorio. 21.00h

Coro Cántigas da Terra (Coruña) co espectáculo “Arredor da roda”. Cos convidados Iván Abal, Gutier Álvarez, Luís “O Caruncho”, Miro Casabella e Óscar Fernández

  • sábado 9 xullo. Praza Rafael Dieste. 22.00

Pedro Viana & João Martins (Porto)

Francesco Giusta (Torino)

  • domingo 10 xullo

Palco Aberto ZdZ. Xuntanza de escolas de zanfona de Galiza. Praza Rafael Dieste. 12.00h. CAMBIO DE UBICACIÓN PARA O PAZO DE RIANXIÑO

Lotaría ZdZ. Sorteo dunha zanfona. Praza Rafael Dieste. 13.00h

Estrea de Arredor da roda. De Cántigas da Terra a Miro Casabella. Filme documental. Auditorio. 19.30 h

Cursos

no Auditorio de Rianxo

  • Iniciación. Óscar Fernández (Galiza) Venres 8. de 16 a 20h (emprestamos instrumento!)
  • Intermedio. Gorka Bravo (Euskadi) Venres 8. de 16 a 20h
  • Avanzado. Francesco Giusta (Piemonte) Sábado 9. de 10-19h
  • Construción. Suso Gestal e Ariel Ninas (Galiza) Sábado 2 e domingo 3. de 10-20h
  • Baile. Mercedes Prieto (Galiza). Sábado 9. de 16 a 20h

Info para os cursos:

Inscrición e información xeral:

Datas de inscrición: do 12 de xuño ao 5 de xullo

Correo información: matricula@folque.com

Prezos: iniciación: 20€; intermedio  e baile (25€); avanzado 40€ (ouvintes 20 €).