Educación e Cultura

- ACTOS CASTELAO 18: presentación do libro "O xardineiro dos ingleses" - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

ACTOS CASTELAO 18: presentación do libro "O xardineiro dos ingleses"

O venres 26 de xaneiro, a partir das 20.30 horas, continúan na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo as actividades programadas dentro dos Actos Castelao 2018.

As propostas son a presentación da novela O xardineiro dos ingleses (premio García Barros 2017) de Marcos Calveiro, en conversa con María Xesús Blanco (vicepresidenta de Barbantia) e Xerardo Agrafoxo (novelista e historiador), presentados por Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo).
Intervención plástica a cargo de Luís Noya.
Apertura e peche musical a cargo de Ramiro Lamas (trombón) e Tano Domínguez (piano) da EMR.