Educación e Cultura

O grupo 2na Fronteira actuará o vindeiro sábado 6 de marzo,  ás 20.00 horas, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, co concerto-exposición Arredor de Nós. - Arredor de Nós, Concerto Exposición de 2na Fronteira - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Arredor de Nós, Concerto Exposición de 2na Fronteira

O grupo 2na Fronteira actuará o vindeiro sábado 6 de marzo,  ás 20.00 horas, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, co concerto-exposición Arredor de Nós.

O grupo 2na Fronteira actuará o vindeiro sábado 6 de marzo,  ás 20.00 horas, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Trátase do concerto-exposición Arredor de Nós, actuación aprazada dos Actos Castelao 2021. Proposta ao abeiro do programa da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Entrada de balde, previa solicitude de reserva de localidades preferentemente no correo-e auditorio@concelloderianxo.gal, do 26 de febreiro ao 5 de marzo de 9.00 a 13.30 horas en días laborais. É necesario indicar, de todas as persoas para as que se solicita localidade: nome completo, teléfono e se son conviventes. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o Auditorio.

Arredor de Nós, un concerto-exposición de 2na Fronteira

Un concerto-exposición arredor da revista Nos, polo seu centenario. O repertorio versa sobre a revista Nós, que
se complementa cunha atractiva e orixinal exposición divulgativa e cunha breve guía didáctica.

Os intérpretes son: a base é o dúo 2naFronteira: Voz e harmonio: Carmen Penim; Piano e harmonio: Maurizio Polsinelli e Miguel Paz na batería e na percusión tradicional.

Páxina de Facebook de 2na Fronteira