Educación e Cultura

- Cabalgata das SS.MM Reis Magos de Oriente - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Cabalgata das SS.MM Reis Magos de Oriente

Un ano máis as súas maxestades, os Reis Magos de Oriente, visitarán aos nenos e nenas do Concello de Rianxo.

Dende as 17.30 horas na Praza de Castelao estará instalado un Belén Vivinte, onde pastores e pastoras acompañarán con panxoliñas e bailes ao neno Xesús, a Virxe María e San Xosé.

A comitiva sairá arredor das 18.30 h da zona portuaria e estará conformada por charangas e animación de rúa e como non dos Reis Magos que estarán montados a cabalo. Despois dun percorrido polo Paseo da Ribeira, Melchor, Gaspar e Baltasar achegaranse a realizar unha ofrenda no Belén Vivinte. 

A continuación, ás 19.00 horas, serán recibidos polas autoridades na Casa do Concello onde se dirixirán aos nenos e nenas de Rianxo e para rematar repartirán caramelos.

A Cabalgata de Reis está organizada polo Concello de Rianxo en colaboración, entre outras, as seguintes entidades; Asociación Cabalar de Rianxo, Liceo Marítimo Rianxeiro, Asociación Sociocultural Fogo-Fatuo, Asociación Cultural Vai de Roda, Agrupación Teatral Criaturas da Asoc. Toxo Bravo, Anpa Irmáns Insua do CRA e a Escola de Música de Rianxo. Agradécese tamén a participación e colaboración de particulares, en especial a de Vicente Tembra coa doazón de lambetadas.

cartaz