Educación e Cultura

O vindeiro sábado 15 de outubro representarase Catro. Un espectáculo de danza para bebés na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. - Catro. Un espectáculo de danza para bebés - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de  Cultura, Museos e Mocidade; Festas e Centros socioculturais​​​​​​​

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 15.00
 

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

EDUCACIÓN E CULTURA

Catro. Un espectáculo de danza para bebés

O vindeiro sábado 15 de outubro representarase Catro. Un espectáculo de danza para bebés na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.

A compañía Caramuxo Teatro achégase ao auditorio de Rianxo coa produción Catro. Un espectáculo de danza para bebés, espectáculo dirixido a crianzas de 1 a 5 anos.

A función terá lugar o vindeiro sábado 15 de outubro e realizaranse dúas funcións, unha ás 18.00 h e outra ás 19.00 h.

Público destinatario: crianzas de 1 a 5 anos

É necesario realizar a inscrición previa en concelloderianxo.gal/reservas. Máximo de dous adultos por familia.

Proposta enmarcada na Rede Cultural da Deputación da Coruña.

"CATRO"

Espectáculo de danza para a primeira infancia

CATRO é a nova proposta de Caramuxo Teatro para a primeira infancia.

Unha peza visual que xoga coa vida, coas formas, os sons, as texturas, co movemento...

CATRO lados ten un cadrado, catro son as estrelas que vexo dende a miña habitación, catro os recunchos do meu lugar favorito...

CATRO é a experimentación a partir dun número que se repite na nosa vida a través do movemento coma linguaxe, como canle de coñecemento.

CATRO é un espectáculo para gozar en familia.