Educación e Cultura

- Concerto Menestreis, Cantigas quer'eu nembrar - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de  Cultura, Museos e Mocidade; Festas e Centros socioculturais​​​​​​​

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 15.00
 

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

EDUCACIÓN E CULTURA

Concerto Menestreis, Cantigas quer'eu nembrar

O sábado 05 de novembro o grupo de música antiga Menestreis achégase ao auditorio de Rianxo para ofrecer un concerto baixo o título Cantigas quer'eu nembrar.

A proposta forma parte da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

O Grupo de Música Antiga Menestreis foi fundado en Boiro (A Coruña) en setembro de 2005 por Xosé Ramón España Lorenzo. O seu principal obxectivo é a interpretación e a difusión da música medieval, renacentista e do primeiro barroco, utilizando réplicas de instrumentos da época.

En 2008 o grupo constitúese en Asociación Musical e Cultural. Posteriormente foi recoñecida como Asociación de interese Social e integrouse na rede de Asociacións do Concello de Boiro.

​​​​​​​Máis información