Educación e Cultura

O concerto de Sabela King & The Heartbreakers adíase para o vindeiro venres 3 de setembro no Auditorio de Rianxo, por cuestións de organización. - Concerto Sabela King & The Heartbreakers - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Concerto Sabela King & The Heartbreakers

O concerto de Sabela King & The Heartbreakers adíase para o vindeiro venres 3 de setembro no Auditorio de Rianxo, por cuestións de organización.

O vindeiro venres 3 de agosto, ás 22.00 h, Sabela King & The Heartbreakers actuarán na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, dentro do programa Música na noite. Programa ao abeiro da Rede Cultural 2021 da Deputación da Coruña.

O concerto, inicialmente previsto para o venres 27 no Exterior do CEIP Castelao, tivo que ser adiado por cuestións de organización.

Só con reserva de localidades no enderezo web  concelloderianxo.gal/reservas (preferentemente) ata as 12.00 h do mércores 1 de setembro. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o Auditorio. ​​​​​​

Sabela King & The Heartbreakers

Con máis de douscentos concertos por toda a xeografía galega, entre os cales destaca a súa participación no Outono Códax Festival, no Fisterra Blues Experience e no Feito a Man; Sabela King & The Heartbreakers gravan o seu primeiro disco homónimo. Apostan por mesturar composicións propias e versións moi persoais de cancións de Sam Cooke, Johnny Cash e Emily Loizeau.

O disco está gravado en directo. Sabela King canta e toca o ukelele, Benjamín Vázquez toca as guitarras e Ramón Figueira “Figui” toca as harmónicas. A gravación corre a cargo de Dani Blanco. Os dez temas elixidos inclúen arranxos de percusións, segundas guitarras, voces e baixos; o que configura o novo son da banda. Un son que require dun formato mais numeroso para poder levar este tipo de atmosferas aos directos. Incorpóranse entón ao equipo, Diego Novoa ao baixo, Pablo Vázquez á guitarra e Lucas Martínez ás percusións.

Sabela king & The Hearbreakers defínense pola contención e a sutileza. A potente voz de Sabela mestúrase coas atmosferas creadas polos Heartbreakers para ofrecer un espectáculo cheo de texturas. Xuntos trazan unha viaxe sonora e estilística na que se percibe un profundo respecto ás linguaxes das músicas populares, sen deixar de lado as súas influencias máis modernas.

Máis información da proposta na web do grupo https://www.facebook.com/sabelakingtheheartbreakers