Educación e Cultura

- CONCURSO DE DISFRACES. Volta á infancia. Sábado 6 de febreiro - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

CONCURSO DE DISFRACES. Volta á infancia. Sábado 6 de febreiro

O sábado 6 é o día da segunda e terceira idade, por iso aquelas persoas entre 40 e 100 anos que veñan disfrazadas poden participar no concurso temático "Volta a Infancia"

Pode descargar as bases pinchando no documento

 

BASES CONCURSO DE DISFRACES. VOLTA A INFANCIA

  1. DATA.

A data do concurso de disfraces, orientado a segunda e terceira idade Rianxeira será o sábado 6 de Febreiro de 2016.

 

  1. INSCRICIÓN DE PARTICIPANTES.

Dende as 17.00h ata as 20.00h do sábado 6 de febreiro. O lugar para inscribirse no Concurso de Disfraces será, na Praza Castelao, na barra instalada na carpa onde se realizarán as actividades de Entroido.

 

  1. PARTICIPANTES:

    Persoas de 40 ata os 100 anos, e terán que acreditalo co correspondente DNI.

     

  2. REQUISITOS:

  • Será un concurso temático polo que as persoas interesadas en participar deberán ir disfrazadas seguindo o tema Volta a infancia”. Serán aqueles disfraces que poidan representar a infancia e a mocidade dos nosos maiores.

  • Poderase participar nunha única modalidade: individual masculina ou feminina, non se permite inscrición en ambas modalidades.

  • As persoas participantes non poderán ser membros da Comisión das Juadalupeñas.

 

  1. DESFILE DOS PARTICIPANTES.

O tempo na pasarela será limitado, non podendo exceder de 2 minutos por participante .

No caso de precisar algún acompañamento musical deberán facelo saber no momento da inscrición, para poderlle facilitar a labor o d.j .

 

 

 

 

  1. CATEGORÍAS.

As categorías do concurso son as seguintes:

  • Masculino- individual

  • Feminino – individual

 

  1. PREMIOS.

Os premios constarán de unha cesta de produtos típicos do Entroido para cada unha das categorías.

O premio será entregado unha vez que o xurado elixa ós disfraces gañadores en cada categoría.

Publicaranse na redes social Facebook das Juadalupeñas coa foto adxunta.

 

  1. VALORACIÓN DO XURADO.

Valorarase de 0 a 5 puntos polo xurado, os seguintes aspectos:

  • Orixinalidade e traballo: terase en conta a elaboración do disfraz, total ou parcial, por parte das persoas participantes. Penalizaranse aqueles que sexan, na súa totalidade, elaborados con recursos comerciais.

  • Posta en escena e animación.

 

  1. XURADO.

Estarán compostos por 3 representantes da Comisión das Juadalupeñas, tendo un único voto cada un.

 

  1. ACEPTACIÓN DAS BASES.

A inscrición no concurso implica a aceptación e cumprimento das bases.

A organización terá a competencia para poder resolver calquera dúbida xurdida nas presentes bases.