Educación e Cultura

- Conmemoración do Día de Rosalía, lectura pública da obra de Rosalía de Castro - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Conmemoración do Día de Rosalía, lectura pública da obra de Rosalía de Castro

No marco das actividades organizadas e promovidas pola ASOCIACIÓN DE ESCRITORES E ESCRITORAS EN LINGUA GALEGA, para conmemorar a figura de Rosalía de Castro, o Concello de Rianxo, en colaboración co Colexio Rural Agrupado do concello, veñen de organizar o seguinte programa conmemorativo:

MÉRCORES 20 DE FEBREIRO - 16.30 horas - ESCOLA DE CRUCEIRO, TARAGOÑA

Lemos, contamos e cantamos a Rosalía coa colaboración das familias e Luz Fandiño

Organizado polo Club de Lectura de Literatura Infantil do CRA de Rianxo

SÁBADO 23 DE FEBREIRO - 18.00 HORAS - NO BUSTO DE ROSALÍA EN RIANXO - PASEO DA RIBEIRA

Lectura pública e Ofrenda Floral

Tamén coa presenza de Luz Fandiño, poderán participar todas aquelas persoas, entidades ou institucións rianxeiras interesadas en ler composicións propias ou alleas, do ou sobre a eximia poeta, para dar forma, deste xeito,  a un texto colectivo nado e dictado en Rianxo por iniciativa pública e popular,  na celebración do 150 aniversario da edición de "Cantares Gallegos".

Cartaz anunciador