Educación e Cultura

- Convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, ven de convocar as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4 para o ano 2016.

Celga é o sistema de certificación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas.

Configurado mediante cinco niveis de coñecemento do idioma, recolle as habilidades que reflicten a competencia comunicativa nas distintas destrezas e agrupa os contidos en tres bloques:

  • Lingua e comunicacion: funcións comunicativas
  • Lingua e sistema: coñecemento do código
  • Lingua, cultura e sociedade: contidos socioculturais

Os Celga permiten certificar o coñecemento que unha persoa ten do galego para os efectos de xustificar méritos ou requisitos laborais e académicos.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 19 de setembro.