Educación e Cultura

- Cremildo Bahule: lectura, conversa e obradoiro de escrita creativa - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Cremildo Bahule: lectura, conversa e obradoiro de escrita creativa

O escritor mozambiqueño CREMILDO BAHULE achégase a Rianxo dentro do programa destinado á promoción da creación literaria e artística organizado por Axóuxere Editora co cofinanciamento do Concello de Rianxo.

VENRES 11 DE OUTUBRO - 18.00 HORAS - BIBLIOTECA PÚBLICA CASTELAO DE RIANXO

Lectura e conversa arredor da peza teatral  "Naçáo Laranja". Entrada libre ata completar aforo.

venres 25 e sábado 26 de outubro - auditorio de rianxo

Obradoiro de escrita creativa.

As persoas interesadas en participar deberán cubrir a ficha de inscrición antes do 24 de outubro (no cartaz hai un erro no que se indica que a inscrición no obradoiro é ata o 10 de outubro)

Inscricion en liña