Educación e Cultura

- Cursos preparatorios para as probas do CELGA. - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Cursos preparatorios para as probas do CELGA.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística ven de abrir o prazo para a solicitude de cursos preparatorios para as probas CELGA 2014, que se realizarán nos meses de abril e maio nos concellos que o soliciten, sendo a Secretaría Xeral en función da demanda de formación e dos recursos dispoñibles, quen planificará a programación dos cursos así como tamén os niveis que se van impartir, localidade, datas e os horarios de realización.

Dende a Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo tense previsto solicitar estes cursos preparatorios, un dos requisitos para poder participar é a relación de 20 persoas preinscritas en cada curso.

Se estás interesado/a na realización dalgún curso preparatorio CELGA debes preincribirte antes do domingo 23 de febreiro, ven acudindo ás oficinas da Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo (Rúa Autores da Rianxeira s/n-tlf 981 100 68 ou enviando un correo electrónico á cultura@concelloderianxo.es onde indiques:

  • Nivel do Celga no que estarías interesado/a
  • Nome e apelidos
  • DNI ou Pasaporte
  • Teléfono de contacto
  • Correo electrónico