Educación e Cultura

- Entroido Rianxeiro 2013 - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Entroido Rianxeiro 2013

 

 

Un ano máis o Entroido chega a Rianxo, de seguido, podedes consultar as propostas que se organizan tanto dende os servizos municipais coma dende as entidades asociativas.

 

Dende eiquí podedes descargar o cartaz anunciador:

Cartaz Entroido 2013

Así como tamén consultar as diferentes propostas para festexar estas datas:

VENRES 8 DE FEBREIRO

  • de BOIS BITUINDETRIS 2013

Enfúndate na pel dun grupo ou artista e preséntate a III Edición do Certame

Inscricións no Tfno 693 778 470 ou a través do facebook http://facebook.com/asociacionFAP

HORA: 22.00 h.

LUGAR: Centro Cultural de Taragoña

ORGANIZA: Asociación Festival Antrospinos

Cartaz anunciador

 

SÁBADO 9 DE FEBREIRO

  • FESTA DE ENTROIDO DA ANPA “OS GUDIÑOS”

Aberta a todas as persoas interesadas en participar. Xogos e concurso de disfraces para nenos/as e adultos

HORA: 17.00 h

LUGAR: Patio do CEIP ADR Castelao

ORGANIZA: ANPA “Os Gudiños” do CEIP ADR Castelao de Rianxo

  • FESTA DE ENTROIDO NO ARAÑO

Concurso de disfraces (infantil e adulto), degustación de productos típicos do entroido, xogos e animación musical.

HORA: a partir das 17.30 h

LUGAR: Centro Sociocultural do Araño

ORGANIZA: Asociación de Veciños do Araño

Cartaz

 

DOMINGO 10 DE FEBREIRO

  • GRAN FESTA DE ENTROIDO

HORA: a partir das 14.00 h. Xantar de Entroido (orella, chourizos, churrasco, polo, ... regado con viño país. Viño + ración a 5 €. Orellas e filloas de balde). Concursos de disfraces (17.00 h -nenos e 19.00 h -adultos) e posterior baile.

LUGAR: Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro

ORGANIZA: Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro

Cartaz anunciador

  • CERTAME DE CARROZAS - TARAGOÑA

Haberá premios en metálico para as tres mellores carrozas. Obradoiros de Maquillaxe artística, globoflexia e Complementos de Entroido

HORA: 17.30 h

LUGAR: Campo de Pasos - Taragoña

ORGANIZA: Peña Cicloturista Castro Barbudo

Cartaz anunciador

 

LUNS 11 DE FEBREIRO

  • DEPORTE CHOQUEIRO

Xogos e actividades de animación dirixidas aos participantes nas Escolas Deportivas Municipais e convidad@s

HORA: 16.30 horas

LUGAR: Pavillón Polideportivo de Rianxo

ORGANIZA: Servizo Municipal de Deportes

 

MARTES 12 DE FEBREIRO

  • II FEIRA DO ENTROIDO:

Degustación de produtos de típicos do Entroido, actividades de animación, obradoiros, animación musical,.... nos postos das diversas entidades participantes (Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro, Cadro Artísitco Airiños, Asociación Cultural Fogo Fatuo, Anpa Irmáns Insúa do Cra de Rianxo, Asociación Festival Antrospinos, Asociación Cultural e Xuvenil Toxo Bravo-Agrupaion Teatral Criaturas,... entre outras). Ademais estas outras propostas:

- ENTROIDOLANDIA: INCHABEIS, OBRADOIROS (maquillaxe, globoflexia e caretas) E GRANDES XOGOS DIRIXIDAS ÁS CRIANZAS.

- SORTEO DE AGASALLOS ENTRE AS PERSOAS DISFRAZADAS (infantil, xuvenil, persoas adultas e grupos). Recollida de participacións dende as 17.00 horas

- ACTUACIÓN PETER PUNK: o clown e humorista presentará o seu novo espectáculo PETER PUNK !. Ás 18.00 horas.

- ANIMACIÓN DE RÚA A GARGO DAS CHARANGAS N.A.S.A, VAI DE RODA E O RETORNO DOS TERRIBLES

HORA: dende as 16.30 ata as 20.30 h

LUGAR: Praza Castelao / Campo de Arriba – Rianxo

ORGANIZA: Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística conxuntamente coas entidades culturais participantes

 

MÉRCORES 13 DE FEBREIRO

  • VELORIO E POSTERIOR ENTERRO DO TORIBIÑO

HORA: 19.00 h

LUGAR: Praza Castelao / Recheo Portuario – Rianxo

ORGANIZA: Asoc. Cultural e Xuvenil Toxo Bravo en colaboración co Concello e outras entidades culturais.

 

VENRES 15 DE FEBREIRO

  • FESTA HORTERA

HORA: 22.00 h.

LUGAR: Centro Cultural de Taragoña

ORGANIZA: Asociación Festival Antrospinos

 

DOMINGO 17 DE FEBREIRO

  • ENTROIDO DAS PERSOAS MAIORES

HORA: a partir das 20.30 h. Concursos con premios de disfraces, filloas e orellas e Baile.

LUGAR: Local do Club de Xubilados de Rianxo

ORGANIZA: Concellaría de Servizos Sociais