Educación e Cultura

- EXPOSICIÓN DE PINTURA: Memorias arte naive por Karin Kuijper - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

EXPOSICIÓN DE PINTURA: Memorias arte naive por Karin Kuijper

A holandesa afincada en Rianxo, Karin Kuijper, exporá a súa obra pictórica no Centro Sociocultural/Auditorio de Rianxo dende o 4 ao 26 de novembro.

A inauguración terá lugar o venres 4 de novembro ás 20.30 horas e no acto estarán presentes Raquel García, Concelleira de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización; Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo e a propia artista.

Karin Kuijper, nace en Utrecht (Paises Baixos-Holanda) pero dende fai 6 anos reside no Concello de Rianxo.

No ámbito artístico é autodidacta posto que non ten formación académica específica, defínese dentro do Estilo Naive (Naíf) caracterizado pola inxenuidade e espontaneidade, moito colorido con brillos e contrastes e a escasa técnica. En moitos aspectos, recorda ou inspirase na arte infantil.

Comeza a pintar arredor do 2008 cando estaba no seu país natal en Holanda, e a súa primeira exposición pública foi no 2014 en Galicia. Podemos destacar as seguintes exposicións:

  • Xullo do 2014, Galería Mundo Creativo (Boiro)
  • Decembro do 2014, Local comercial na Rúa do Medio (Rianxo)
  • Maio 2015, Galería Sargadelos (Boiro)
  • Setembro 2015, Tenda Rei Zentolo (Ribeira)

As súa obra componse de acrílicos sobre lenzos nos que reflicte as memorias e pensamentos de vida da artista ao longo da súa vida, agora e antes.