Educación e Cultura

- GELRIA en concerto, co traballo "Cantos de poeta" - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de  Cultura, Museos e Mocidade; Festas e Centros socioculturais​​​​​​​

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 15.00
 

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Educación e Cultura

GELRIA en concerto, co traballo "Cantos de poeta"

O grupo Gelria achégase á praza Rafael Dieste de Rianxo para presentar o seu primeiro traballo: "Cantos de poeta". O concerto terá lugar o vindeiro sábado 19 de agosto, ás 22.30 horas (no caso de choiva trasladarase ao Auditorio de Rianxo).

O trío Gelria nace dentro do proxecto co mesmo no nome, co fin de difundir e promocionar dun xeito máis directo os seus principais traballos musicais. Formado por Mario G. Cortizo (percusión), Federico Mosquera (piano) e Elena Tarrats (voz), os dous primeiros son ademáis os compositores de todas as cancións do proxecto. O trío presenta nos seus concertos unha temática variada que inclúe xunto ás cancións do proxecto Gelria outros traballos previos dos tres artistas, e música pertencente a outras linguas e culturas.

O simbólico nome do buque holandés, no que o poeta rianxeiro Manuel Antonio estivo embarcado nas súas viaxes a América, dá nome a un proxecto que ten como fin poñerlle música aos principais poemas da lírica galega de todos os tempos. Este percorrido, que abrangue varios séculos de poesía, ten o seu núcleo no S. XX, no que atopamos nomes tan emblemáticos como Ramón Cabanillas, Álvaro Cunqueiro, Aquilino Iglesia Alvariño, Celso Emilio Ferreiro, e autores do noso tempo como Xosé Luis Méndez Ferrín e Chus Pato.
A relevancia deste proxecto non é únicamente musical, tendo como pretexto ou punto de partida as xoias da nosa lírica, senón que a música será o vehículo ideal para difundir a palabra inmortal destes grandes autores a outros ámbitos, e mesmo outras culturas distintas da galega.

A proposta enmárcase no programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.