Educación e Cultura

- Hórreo vivo, no campo da Carballeira no Araño - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de  Cultura, Museos e Mocidade; Festas e Centros socioculturais​​​​​​​

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 15.00
 

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

EDUCACIÓN E CULTURA

Hórreo vivo, no campo da Carballeira no Araño

Os vindeiros venres 23 e sábado 24 de setembro, o Araño celebra o seu II Ciclo Hórreo Vivo, un evento cultural que busca a posta en valor do patrimonio arquitectónico, ambiental e inmaterial.

A tarde-noite do venres 23 iluminarase o hórreo máis grande do mundo para, nese entorno, asistir ó espectáculo teatral "quen ten cu, ten medo" e escoitar unha contada de lendas por parte da veciñanza.

O sábado 24, a mañá estará marcada por un roteiro polo río Té para ilustrar a súa fauna e flora, mentres que pola tarde, na carballeira xunto á capela dos Milagros, haberá obradoiros de regueifa e creación, e xogos populares para toda a familia.

Darase peche ó ciclo esa noite no mesmo lugar cun festival de grupos emerxentes galegos, no que se contara cun punto lila facilitado polo concello.

Este ciclo, organizado en colaboración entre a Asociación Cultural Carballeira de Baia e a Asociación de Veciños e Veciñas do Araño e a Comunidade de Montes do Araño.

Para este evento cultural, financiado pola Deputación da Coruña, cóntase tamén coa colaboración da Asociación Avoar e do Concello de Rianxo.