Educación e Cultura

- I CONCURSO DE COMPARSAS RIANXEIRAS - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

I CONCURSO DE COMPARSAS RIANXEIRAS

O vindeiro martes 9 de febreiro, ás 19.00 horas, terá lugar na Praza Castelao o I CONCURSO DE COMPARSAS RIANXEIRAS, dentro da programación do Entroido Rianxeiro 2016.

Podedes descargar as bases pinchando aquí

ou tamén:

BASES I CONCURSO DE COMPARSAS RIANXEIRAS

  1. DATA:

A data do concurso de Comparsas, orientado a toda a poboación Rianxeira será o vindeiro Martes de Entroido, 9 de Febreiro de 2016.

  1. INSCRICIÓN:

A inscrición poderá realizarse ata o luns 8 de febreiro, ás 12.00 horas, nas oficinas do Auditorio de Rianxo ou no enderezo electrónico: cultura@concelloderianxo.gal

Na inscrición deberán achegar:

    • Nome asignado a comparsa.

    • Nome do representante da comparsa xunto cun teléfono e un correo electrónico de contacto

    • Maiores de idade: fotocopia de dni

    • Menores de idade: fotocopia do dni do cativo ou libro de familia, e autorización dos pai/s, nai/s ou titor

    • Asociacións: fotocopia do CIF e fotocopia do DNI do representante.

Para que se poida facer o concurso deberá de estar inscritas, polo menos 3 comparsas, de caso de non ser así o concurso cancelarase e non se realizará.

Neste caso informarase ó representante das comparsas inscritas o sábado 6 de febreiro no teléfono e no correo electrónico co cal se formalizou a inscrición.

Se chegado o día da concurso, se presentara algunha comparsa sen inscrición previa poderían actuar fora de concurso.

  1. REQUISITOS:

  • Só haberá unha categoría no concurso de comparsas.

  • A comparsa deberá estar composta por un mínimo de 6 persoas.

  • Poderán participar persoas de idades comprendidas dende os 0 anos ata os 100. No caso dos menores de idade deben ter a autorización dos seus pai/s, nai/s ou titores.

  • Deberán ter preparadas polo menos 2 temas para a actuación.

  • Os temas a cantar serán sobre a nosa vila de Rianxo e as nosas xentes, actualidade, historia, costumes, personaxes, asociacións...

  • As letras das cancións así como a interpretación dos temas non poderán faltar ó respecto. Será o representante de cada comparsa quen asuma toda a responsabilidade en canto ás letras, músicas e vestiario.

  1. ACTUACIÓNS:

A actuación das comparsas farase segundo a orde de inscrición no concurso.

O tempo de actuación non pasará de 7 minutos por canción.

  1. PREMIOS:

Os premios son os seguintes:

    • 1ºpremio: 300 euros

    • 2ºpremio: 150 euros.

    • 3º premio: cesta de produtos do Entroido.

      Os premios poderán ser declararados desertos.

Os premios serán entregados ós representantes das comparsas gañadoras en días posteriores ao concurso de comparsas.

Publicaranse na redes social Facebook das Juadalupeñas coa foto adxunta.

  1. VALORACIÓN DO XURADO.

Valorarase de 0 a 5 puntos polo xurado, os seguintes aspectos:

  • Orixinalidade e creatividade das letras e música das cancións.

  • Introdución de algún elemento/instrumento musical

  • Complementos e vestiario

  • Parodia e escenificación/ interacción co público.

  1. XURADO.

O xurado do concurso estará composto por un presidente ( a Concelleira de Cultura ou a persoa que delegue) e 4 vogais en representación das entidades socioculturais do concello, que serán nomeados pola concelleira de cultura, actuando como Secretario o de menor idade.

  1. ACEPTACIÓN DAS BASES.

A inscrición no concurso implica a aceptación e cumprimento das bases.

A organización terá a competencia para poder resolver calquera dúbida xurdida nas presentes bases.