Educación e Cultura

- II Macro-recital ao son das letras vivas - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

II Macro-recital ao son das letras vivas

O próximo sábado 18 de maio, ás 21.00 horas, no Auditorio de Rianxo terá lugar o II MACRO-RECITAL "ao son das letras vivas", 50 rapsodas - 50 escritor@s (galeg@s e viv@s).

O Cadro Artístico Airiños en colaboración con slam.arousa e a Concellería de Cultura de Rianxo, con motivo da celebración do día das letras galegas organizan este II macrorecital  para o cal se pretende xuntar a 50 persoas que queiran subirse a recitar/ler durante un minuto, os textos de algún autor/a viv@ galeg@.
 
Se desexas participar desta iniciativa non tes máis que escoller texto, e anotarte no enderezo electrónico slam.arousa@gmaill.com, enviando o teu nome completo e o nome do autor/a que decidiches. Cada rapsoda lerá un autor/a diferente polo que... apresúrate a escoller antes de que cho/a quiten!