Educación e Cultura

- JazZología concerto da Rede de Músicas Soltas - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

JazZología concerto da Rede de Músicas Soltas

O próximo venres 14 de xuño, ás 20.30 horas, volve a Rianxo o programa Rede de Músicas Soltas organizado pola aCentral Folque co cofinanciamento do Concello de Rianxo. Nesta ocasión o concerto será a cargo de JazZología, un trío de jazz dende Cuba  Made in Galiza.

As entradas teñen un custe de 5€ e poden retirarse unha hora antes do comezo do concerto.

JazZoología é a primeira formación do contrabaixista cubano José Manuel Díaz Iglesias. Un trío que xorde da necesidade do artista de presentarlle ao público a súa música. Composicións orixinais que, baixo a linguaxe do jazz, se deixan harmonizar coas músicas populares cubana, brasileira, galega... e doutras culturas. O resultado é un son que xunta o virtuosismo e a improvisación do jazz, coa forza das melodías identitarias e os ritmos das distintas músicas coas que este artista se divirte. Os músicos galegos Marcos Teira (guitarra española) e LAR Legido (batería e universos sonoros) completan a formación. Ambos achegan ao grupo unha sonoridade diferenciada, tanto pola instrumentación como polo uso que fan dela: Teira desde o flamenco e Legido desde a improvisación libre.