Educación e Cultura

- L a cargo de Pinchacarneiro Teatro - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

L a cargo de Pinchacarneiro Teatro

Continúa a Mostra de Teatro Afeccionado outro fin de semana máis.

O venres 7 de outubro, ás 20.30 horas, a compañía Pinchacarneiro Teatro interpretará a obra L.

A carón dunha estrada perdida, no medio da nada, luce un gran L en letras de neón. Na sala das festas máis ateigada do universo, as almas solitarias buscan un lugar onde celebrar o fin de ano.

L conta a historia dunha noitevella na que os personaxes profundizan na relación entre o moral e o inmoral. Unha comedia bailable, na que os acontecementos se moven a ritmo de electropop.