Educación e Cultura

O espectáculo MEZZO. O fantástico circo de insectos xigantes do Dr. Mezzo presentase en Rianxo o vindeiro 5 de setembro. - MEZZO. O fantástico circo de insectos xigantes do Dr. Mezzo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

MEZZO. O fantástico circo de insectos xigantes do Dr. Mezzo

O espectáculo MEZZO. O fantástico circo de insectos xigantes do Dr. Mezzo presentase en Rianxo o vindeiro 5 de setembro.

O espectáculo MEZZO. O fantástico circo de insectos xigantes do Dr. Mezzo presentase en Rianxo o vindeiro 5 de setembro, ás 19.30 h, no exterior do Ceip Castelao de Rianxo. Programa ao abeiro da Rede Cultural 2021 da Deputación da Coruña.

Só con reserva de localidades no enderezo web  concelloderianxo.gal/reservas (preferentemente) ata as 12.00 h do mércores 01 de setembro. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o auditorio. ​​​​​​

O fantástico circo de insectos xigantes do Dr. Mezzo

Giovanni di MEZZO, botánico, explorador e naturalista xenovés do século XIX, descubre unha illa no Océano Pacífico que alberga estrañas criaturas, descoñecidas especies de insectos xigantes da Era Mesozoica que sobreviviron á grande extinción. Ao regresar a Europa, o doutor Mezzo exhibe algunhas destas criaturas nunha feira ambulante no que se deu en chamar como O Fantástico Circo de Insectos Xigantes do Doutor Mezzo.

MEZZO é un espectáculo itinerante cheo de cor, imaxinación e fantasía, co que PISTA CATRO quere recuperar por un lado o espírito de aventura das novelas de Julio Verne, e por outra banda a estética visual dos circos ambulantes de finais do século XIX e principios do XX.

A intervención nas rúas, a escenografía móbil, os números circenses, os personaxes fantásticos, a música e a interacción co público desfilan xuntas nesta preciosa fábula ambulante de PISTA CATRO.

Máis información