Educación e Cultura

O vindeiro venres 26 de febreiro, ás 20.00 h, Isabel Risco presenta o espectáculo Bravas a nosa historia, con saias e a rachar, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. - Monólogo: Bravas, a nosa historia, con saias e a rachar, de Isabel Risco - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Monólogo: Bravas, a nosa historia, con saias e a rachar, de Isabel Risco

O vindeiro venres 26 de febreiro, ás 20.00 h, Isabel Risco presenta o espectáculo Bravas a nosa historia, con saias e a rachar, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.

O vindeiro venres 26 de febreiro, ás 20.00 h, Isabel Risco presenta o espectáculo Bravas a nosa historia, con saias e a rachar, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Só con reserva de localidades en auditorio@concelloderianxo.gal (preferente) ou no telf.  664 183 217, ata as 14 horas do 26 de febreiro, de 9:00 a 13:30, en días laborais. É necesario indicar, de todas as persoas para quen se solicita: nome completo, teléfono e se son conviventes. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde
o Auditorio. Duración estimada: 75'.

Bravas, a nosa historia, con saias e a rachar

Espectáculo dirixido por Fran Rei e protagonizado por Isabel Risco

As Bravas somos nós, somos as mulleres deste país ao longo da nosa historia. Nesta aventura reivindicamos sempre desde o humor máis cru e directo o labor das mulleres na historia de Galicia.
Veremos a evolución da muller galega nos últimos séculos, de onde vimos e cara a onde imos nesta viaxe de liberación e respecto na que tantas millas nos quedan para chegar a porto.
Un espectáculo divertido, actual, atrevido e moi necesario.

Información sobre o espectáculo Bravas